|
 |
ROSENDE (SAN MIGUEL) |
|
A parroquia de Rosende experimentou un gran desenvolvemento nos últimos anos, ó converterse en sede da fundación Belarmino Fernández Iglesias.
A fundación Belarmiro Fernández está asentada na Casa de Ribas, de cuxo avoengo nos falan os brasóns e escudos que ostenta. Ó abeiro da mesma funciona desde o curso 1997-1998 unha escola de hostalería.
Ademais desta escola de hostalería a fundación tamén ten instalacións deportivas con piscinas e pistas de tenis, ás que ten acceso o público en xeral.
Polo que respecta ás infraestruturas de turismo rural, dicir que se asentan na denominada ata o de agora Casa de Señoritas e que oficialmente pasou a chamarse Casa Grande de Rosende. Pola súa distribución e mobiliario está considerada a mellor de toda a comarca.
Merecen tamén unha visita a igrexa e a casa rectoral, tipo mosteiro ou priorado.
Rosende é unha zona vinícola incluída na denominación de orixe da Ribeira Sacra, na subzona de Ribeiras do Miño. Nesta parroquia celébrase a festividade de San Miguel. Nos últimos anos trasladouse a festividade do mes de setembro ó mes de agosto por motivos climatolóxicos.
|
|