Bulso foi sempre unha parroquia eminentemente agrícola. Á súa lama acudían e seguen acudindo os oleiros de Gundivós para extrae-lo barro que, xunto co que levan de Figueiroá, lles serve de materia prima.
No nomenclátor do ano 1940 figura Bulso como lugar onde existiu unha torre-fortaleza e aínda que non queda sinal dela si hai unha casa coñecida como a Casa da Torre.
|