Amandi coñécese fundamentalmente polos seus viñedos, que dan nome ós viños recollidos en oito parroquias do sueste do municipio.
Esta parroquia é sede do arciprestado. Da importancia histórica desta parroquia fálanos o feito de que fora unha das sesenta xurisdicións nas que estivo dividido o antigo Reino de Galicia.
Un documento do ano 842 ratifica que neste lugar, preto do río, existía o mosteiro de Santa María de Amandi, que foi destruído polos ismaelitas. A actual igrexa levántase sobre as súas ruínas.
|