Esta parroquia está nun val e crúzaa o río Neiras ou Fervedón. Limita co municipio de Monforte polo norte e o leste.
É unha zona eminentemente agrícola, gandeira e forestal. Por esta parroquia, así como pola de Refoxo e a de Canaval, pasaba o teleférico que transportaba o mineral das minas de Freixo ata a estación de Ferrocarril de Canaval. Actualmente aínda se conservan as columnas que soportaban o tendido eléctrico.
No lugar da Devesa existe un recuncho pintoresco, protagonizado polo regato e a edificación dun muíño que hoxe se utiliza como carpintería.
|