No pequeno pórtico lateral que ten a igrexa pola ala norte, hai un ara romana coa inscrición LVGBO ARQUIENB CAIVS IVLIVS HISPANVS V.S.L.M. Conta a tradición que este monolito foi traído das ruínas dunha capela que noutros tempos existía no monte de San Roque.
Seguindo coa igrexa parroquial gustaríame apuntar un dito popular segundo o cal o tanguido da campá di claramente "vale quen ten".
Enrique Fernández Llano afirma que nesta parroquia se plantaron os primeiros piñeiros do municipio de Sober.
|