SEDE ELÉCTRONICA
 
 
AS NOSAS PARROQUIAS
 
· Amandi (Santa María)
· Anllo (Santo Estevo)
· Anllo (San Martiño)
· Barantes (San Xoán)
· Bolmente (Santa María)
· Brosmos (Santa Cruz)
· Bulso (San Pedro)
· Canaval(San Pedro)
· Doade(San Martiño)
· Figueiroá(San Salvador)
· Gundivós(Santiago)
· Liñaran(San Martiño)
· Lobios(San Xillao)
· Millán(San Nicolao)
· Neiras(San Salvador)
· Pinol(San Vicente)
· Proendos(Santa María)
· Refoxo(Santo Estevo)
· Rosende(San Miguel)
· Satiorxo(San Xurxo)
· Vilaescura(Santa María)
 
PROENDOS (SANTA MARÍA)
 
Atopámonos na parroquia de maior interese histórico dentro do municipio. Linda coa de Sober. Presenta un territorio practicamente chan sendo A Peniña-Mer o lugar máis elevado, con 492 metros sobre o nivel do mar. O punto máis baixo, de 432 metros, sitúase en Outeiro.

Ó redor da igrexa parroquial asentábase a cidade de Proencia. A maioría dos historiadores atribúenlle unha orixe romana, aínda que hai quen defende que a súa orixe é sueva.

Constantemente aparecen restos deste antigo poboado. Os de maior interese arqueolóxico descubríronse no ano 1945, nesa ocasión atopouse unha tumba, un esqueleto, dúas campás e outros obxectos de bronce e cerámica que foron depositados no Museo Provincial de Lugo.

Pódense ver ademais varios petróglifos entre os que destacan os da finca O Xestal, tamén nas proximidades da igrexa parroquial. A importancia destes xacementos radica, xunto co seu valor intrínseco, na súa localización, moi oriental, afastada do foco principal de gravados rupestres en Galicia, que se sitúa na provincia de Pontevedra.

Polo que respecta á igrexa parroquial, o edificio actual levántase sobre a primitiva fábrica románica, da que aínda se conservan algúns restos, que datan probablemente da segunda metade do século XII. No seu interior consérvanse interesantes pinturas murais.

Ademais das distintas casas brasonadas que se poden ver nesta parroquia destaca a Casa-Palacio que no ano 740 mandou construír Lope López de Lemos y Sober, que foi señor de Ferreira de Pantón e Sober. Hoxe en día o edificio está en ruínas, só permanecen en pé as fachadas exteriores e parte do tellado. Nos seus muros consérvase o escudo familiar que deu orixe ó escudo do municipio de Sober.

Nesta parroquia, no lugar de Sober o Vello, permanecían as dependencias municipais ata que foron tranladadas á localidade de Berea (hoxe coñecida xa como Sober).

En Proendos naceu Enrique Fernández Llano, autor do único libro monográfico que ata o momento existe sobre este concello, titulado Descripción del Término Municipal de Sober. Publicado no ano 1977.
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com