|
 |
FESTAS |
ROMARIA DE CADEIRAS
Na parroquia de Pinol, a medio kilómetro da igrexa de San Vicente, nun excepcional paraxe natural, lindante co Cañón do Sil está o Santuario da Virxe de Cadeiras. Foi construido no século XVIII, quedando a obra inacabada. O edificio dunha soa nave, é de pedra granítica e sillería ben labrada. Máis que polo interese arquitectónico, destaca por ser un lugar de peregrinación, debido os milagres ca tradición atribue a Virxe de Cadeiras.
Neste lugar celébrase, dende o século pasado, os días 7,8 e 9 de setembro, unha romaría popular adicada a esta singular advocación mariana. Oficios relixiosos, procesión e comida campestre son os protagonistas desta romaría.
|
|
Entroido
O entroido celébrase en todalas parroquias de Sober, destacando as comadres e compadres das parroquias de Anllo Santo Estevo, Anllo San Martiño e Sober. Bonecas e bonecos de palla que representan a diversos veciños, asi coma tradicións populares da zona.
Respeto á gastronomía é propio da zona o enchido, tripón ou vexiga, un postre feito de pan, leite, azúcar e ovos.
|
Feira da Rosca
Como entrante ou como postre (sempre acompañada de queixo), para o almorzo, ou como simple larpeirada para os cativos…. as roscas de Sober sempre están ben.
Todo elo fixo que nin o cambio nos hábitos culinarios, nin a introducción de novos alimentos conseguiran desbancar a popular rosca que, dende 1995, ten mesmo a súa propia feira o día 12 de agosto. Este día ofrécese a degustación gratuita de racións de rosca, con queixo do país, a tódolos visitantes.
|
Feira do viño de Amandi
A feira do viño de Sober celebrase o sábado e domingo de Ramos. A primeira feira foi o día 12 de abril do ano 1980. Foi declarada de Interese Turístico no ano 2000.
Os viños “Amandi” colleitanse no sureste do municipio de Sober, na ribeira do Sil. A súa orientación, unida ó microclima mediterráneo desta zona e o cultivo en bancais, así como a utilización de variedades de alta calidade fixérono merecedor de numerosas medallas a nivel internacional; ademais de aparecer recomendado nas mellores guías gastronómicas. Dende setembro de 1996 teñen denominación de orixe, e son unha das cinco subzonas da Ribeira Sacra.
|
|
|
|
|
|
|