|
|
FESTAS |
Feira da Rosca
Como entrante ou como postre (sempre acompañada de queixo), para o almorzo, ou como simple larpeirada para os cativos…. as roscas de Sober sempre están ben.
Todo elo fixo que nin o cambio nos hábitos culinarios, nin a introducción de novos alimentos conseguiran desbancar a popular rosca que, dende 1995, ten mesmo a súa propia feira o día 12 de agosto. Este día ofrécese a degustación gratuita de racións de rosca, con queixo do país, a tódolos visitantes.
A rosca non é fácil de encontrar en tendas, pero sí en restaurantes e nas casas nas que se celebren festas, xa que os rosqueiros cocen fundamentalmente por encarga. Tamén o fan coincidindo cas feiras e romarías, nas que se acostuma a vender este manxar.
A elaboración é totalmente artesanal. Os ingredientes empregados son: levadura, azucre, azafrán, fariña, ovos, auga e sal
|
|
|
|
|
|