|
 |
SITUACIÓN |
|
Sober conta cunha extensión de 133,52 Km cadrados. O municipio localízase ó sur da provincia de Lugo, dentro da comarca da Terra de Lemos. Organízase en 22 parroquias. Os seus límites xeográficos son: Monforte e Pantón polo norte; ó sur, o río Sil que forma o límite coa provincia de Ourense; ó leste, con Monforte, e ó oeste con Pantón.
As vías principais de comunicación e acceso ó municipio por estrada son a N-120 que o une ó eixe Ourense-Vigo cara ó leste e a meseta cara ó oeste, e as estradas comarcais que o enlazan con Pantón, Monforte e Castro Caldelas. En canto ó ferrocarril, este discorre polo norte contando cunha estación en Canaval e un apeadoiro en Areas.
Os accesos interiores compóñenos unha rede ampla de estradas e camiños afirmados, aínda que non en poucos casos estreitos, que dan servizo e comunicación a tódalas aldeas do concello.
|
|
|
|
|
|