SEDE ELÉCTRONICA
 
 
HISTORIA DO CONCELLO
LENDAS
 
VILAOSCURA · O Castro de Vilaescura

Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorouse dun rapaz da vila. Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiron asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha história de amor tal entre dous sangues e culturas tan desemellantes.
 
SANTIORXO · A Pena do Gato

“A Pena Atureira, A pena do Gato , por elí andiveron os mouros- dí o Cachufeiro-elí, na pena, había un tesouro agochado. Fai moitos anos o meu irmao e outros mozos puxéronse a cavar xunto da pedra e mesmo a partiron para encontralo tesouro que os mayores lle contaban que había. Co tesouro non diron, os mouros debéronno agochar moi ben, pero dende aquela elí quedou unha expalanada xunto ó penedo. Para elí levaron un libro e unha pita. O libro leíallo eu... lía pouco pero... O libro tiña unha piel de ovella que parecía engrasada. Esto sería... Eu teño 82 anos e tiña 12 anos. Bota contas.”
 
SAN MARTIÑO DE ANLLO · O Pear da Ponte

"O que dices tú que o demo pactou cos curas para facer unha ponte éche donde lle chaman Besteiros; está asulagado, era no fondo do Cachón de Xabrega. Cando o río estaba baixo, no verao, pasábase andando, ainda que había unha corriente enorme; e, elí, no fondo desa corriente do Cachón de Xabrega, era onde eles empezaron a facer a ponte para pasar pra alá; porque esta ribeira era case toda deles".
 
ROSENDE · As Penas de Sinos e do Sol

"Hai unhas penas entre Vilaoscura e Rosende chamadas A Pena de Sinos e A Pena do Sol, que eran a morada dos mouros; unhos personaxes grandes e fortes que iban mercar xatos grandes a feira e que os pagaban cunhas monedas moi raras; levaban os xatos cara a ribeira e desaparecían por un túnel que tiñan elí e que iba dar do Cabe ó Sil. Dí a miña nai que lle contaba a súa avoa, que os mouros eran moi calados: só falaban o preciso pra axustar o trato da compra dos bois, e marchaban".
 
REFOXO · Pazo dos López de Lemos de Sober

Así no lo contou o Alfonso do Ferreiro de Francos: "Vivía no palacio de Sober un rei ó que non lle sabemos nome. Tivo que acudir á guerra contra os mouros, volvendo, pasado algún tempo, victorioso das súas batallas.
 
PROENDOS · Os Cinco Palitroques

"Viñeron de Monforte atacar a casa de Villastrille, e os irmaos da casa, con palitroques, defendéronna e venceron. O rei concedeulle o escudo. O escudo é un mérito, significa cartos; a min contoumo o clavelito de Sober. Esa era casa de soga e cuchillo, cando o palacio era palacio. E ehí era onde xuzgaban, por eso ten a soga e o cuchillo. E despois os cinco palitroques díronllos por unha revolución que houbo. Os cinco fillos da casa bacotearon con palitroques a todos cantos viñan, e entonces regaloulle o rei ise escudo dos cinco palitroques cos que ganaron na loita ós outros que viñan con espadas".

 
PROENDOS · As Lendas da Tapada do Almestro

Hai moito tempo –a data precisa esmoreceu na memoria da xente– alá na tapada do Almestro de Sober o Vello, andaba un rapaz co gando. Atopábase entretido, labrando cunha navalla nun pao de salgueiro, cando viu xurdir dun penedo unha fermosísima rapaza de cabelo louro. Era tal a beleza e a gracia da súa figura mentres camiñaba cara ó regato a coller auga nunha ola, que o rapaz ficou namorado ó instante.
 
PINOL · O Santuario de Outeiro

Houbo un tempo en que Cadeiras era tan alto como a Cabeza da Meda, era unha montaña alta. En Outeiro había un santuario moi grande cunhas campás de ouro. Un día veu un volcán de auga moi grande e asulagou todo, quedando enterrado o santuario e as campás. Se se peta na entrada da casa de Outeiro síntese como o son da auga que hai debaixo.
 
PINOL · O Castriño

"Pois o papá e a mamá sentiron. De noite formouse unha chuvia, a aí andaban os mouros cavando no Castriño, entre os castiñeiros e unhos penedos, como unha mina, cavando para sacar unha cadea de ouro; porque iba unha cadea de ouro (pero ó cabo nadie o soupo) por unha peneda que hai no río por baixo de Ravacallos.
 
PINOL · A Pedra do Tesouro

"Ehí no fondo –dixo o Constante sinalando para o embarcadeiro- está a Pedra do Tesouro. O Meixide estaba cun podón cortándolle as varas ás cepas e diu por casualidade na pedra e sonoulle a hueco. Mirando viu disimulado un redondel que correspondía cunha tapa que tiña a pedra. Levantouna con coidado co podón e estaba chea de cartos. Con iles fixo unha bonita casa, a mellor de Portabrósmos, unha casa con moitas pinturas. Eí quedou debaixo do río… A casa do Meixide".
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com