|
 |
LENDAS |
REFOXO · Pazo dos López de Lemos de Sober

O REI DO PALACIO DE SOBER
Así no lo contou o Alfonso do Ferreiro de Francos: "Vivía no palacio de Sober un rei ó que non lle sabemos nome. Tivo que acudir á guerra contra os mouros, volvendo, pasado algún tempo, victorioso das súas batallas.
Cando chegou a Monforte deuse conta de que non o esperaba naide para darlle noticia ningunha. Pensou no malo e dirixiuse ó palacio encontrándose con que a víspera enterráranlle a filla. Pasou un ano averiguando polos máis amigos o que pasara. Entre o médico e o capellán sacáronlle á filla en estado e logo envenenárona para que non poidera delatalos.
Ó terlle o cabodano invitounos a todos a un banquete, e cando estiveron todos xuntos, coas tropas que tiña preparadas, rodeounos e colleu presos ós cómplices. Ós de menos castigo decapitounos e ós demais meteulles un ferro candente polo cerebro.
Ó médico montouno nun burro de ferro cun peso nas pernas ata que, polo seu propio peso, se foi abrindo en dous. Ó capellán, como lle apuña a maior culpa, fíllolle unha caseta onde o amarrou e onde lle caía unha gota de auga que lle foi pudrindo o cerebro.
Decepcionado e aburrido polos acontecementos o rei vendeulle o palacio á Condesa de Lemos que quería vivir sola e tranquila eiquí no palacio. Pero entre as amistades que lle cobraban os forales (tiña 73 forales para cobrar), empezaron a decir que había unha culebra moi grande no palomar para ver si así lle vendía os forales (o meu pai era cabezaleiro dun dos descendentes dos que lle compraron).
Á condesa ó final amedrentárona, marchouse para Monforte e dende alí puxo caseiros que venderon as terras quedándose tan sólo cos arredores do palacio. Esí mo contou o meu pai moitas veces”.
*Alfonso do Ferreiro de Francos--- Proendos--- 12-I-2000.
|
|
|
|
|
|