|
 |
LENDAS |
PINOL · O Castriño

O CASTRIÑO
"Pois o papá e a mamá sentiron. De noite formouse unha chuvia, a aí andaban os mouros cavando no Castriño, entre os castiñeiros e unhos penedos, como unha mina, cavando para sacar unha cadea de ouro; porque iba unha cadea de ouro (pero ó cabo nadie o soupo) por unha peneda que hai no río por baixo de Ravacallos. Había un penedo largo e entonces esa cadea de ouro querían mirar se a quitaban os antigos de antes. ¡Porque era cousa de Dios ou do demo; eu non sei o que era! Cavaron, e entonces cando estaban cerca dela, formouse unha tronada, e baixou a cadea e abriuse o penedo e alí se meteu. Entonces o papá e a mamá estaban na cama e sentiron o ruido: ¡Uuuuuuuh…! <¡Eso será o trono! Pero o trono non parece. ¿Qué será?> Levantáronse a mirar e estaba esclarecido, chovía, pero estaba claro. Despois non sei como foron ó río e dixeron: <¡O penedo por baixo de Ravacallos está fendido!...Está o penedo aberto, ¿cómo sería para abrire?> - diron en decir os antigos.- E, efectivamente, os que estiveron alí, faláronno e volveron cavar, e xa non viron nada. Mira que sentiron o sonido da cadena, pero non a viron. Está metida entre o penedo, e ahora o río é grande e, xa ves, ¡si fora en tempos!"
*Lola do Cuco do Pacio--- Santiorxo---16-VI-2001.
|
|
|
|
|
|