|
|
LENDAS |
|
NEIRAS · O Tesouro da Devesa
Ó parecer a casa do Manoliño da Devesa fixéronna unhos romanos que apareceron polo lugar cunhos burros cheos de ouro. Esconderon o ouro en distintas partes da casa e nos arredores; tanto agocharon que ata os ratos o sacaban dos seus escondrixos. Nunha ocasión viñeron unhos ladróns, colleron a muller da casa e ameazaron con matala se non lle decía das riquezas; o home, que estaba escondido, colleu unha ecopeta e matou ós ladróns. Acabaron desaparecendo para sempre na Ola, ise fondo burato que comunica cunha lagoa subterránea da que non se lle coñece a profundidade.
|
|
NEIRAS · A Pena da Moura do Vilar
Xa fai moito tempo que andaba unha moza co gando no monte da Cortiña do Vilar. Cando viña pra casa, polo camiño, atopouse cunha fermosa moura, con ollos azuis e louros cabelos que peinaba ó sol, o seu refrexo facíaos parecer de ouro.
|
|
FIGUEIROÁ · A Moura dos Cótaros
PETROGLIFO DOS CÓTAROS
Íamos polo camiño de Mer ós Cótaros en leda parola. A broza invadírao parcialmente e ameazaba con pechalo, como xa o están moitos na parroquia. A unha beira, sobre unha pedra, a camisa dunha cobra revivía no maxín ancestrais temores xurdidos do inconsciente colectivo da nosa especie. O Gonzalo do Cuñas, retranqueiro e falador, pillouna coa punta do caxato, case con indiferencia, e dixo:
|
|
DOADE · Os Curas da Cruz da Meda
Xúntanse na Cruz da Meda catro parroquias: Vilamarín, Marcelle, A Penela e Doade. En tempos comían elí catro curas, cada un na súa feligresía. O cura de San Pedro de Baños, estaba amolado porque a capela non tiña terras. Na data convida para a comerotada xuntáronse elí os catro curas cada un a cabalo do seu burro coa comida. |
|
CANAVAL · Rodrigo de Canabal
Era daquelas cando estaba vixente o chamado “dereito de pernada”. O Pobo llano asumíao a regañadentes, como aceptada era a condición de cada quen na sociedade: algo inmutable saido da vontade de Deus. Non era iste privilexio unha lei escrita, nen sequera unha norma consetudinaria recoñecida que permitía ós señores feudais deitarse coa noiva a mesma noite de bodas, mais algúns nobres reclamábanna para sí en moitas ocasións.
|
|
BOLMENTE · O Burato da Moura
"Contan que foi verdade, que na parroquia de Bolmente, no lugar de Ferrón vivía un rapaz que tiña un rebaño de cabras, e todos os días as ceibaba ó monte, o cal lle quedaba moi preto. Alí todos os días visitaba a unha moura moi guapa. Pasado un tempo namoráronse, pero ela vivía no monte e non tiña nada, e él só tiña un rebaño de cabras e non podían casar. A moura propúxolle que se lle facía caso a ela serían moi ricos. |
|
Anllo · O encanto da Pena do Boqueiro
Preto da Barca de Santo Estevo, cara o lugar do Boqueiro, había unha pedra cun burato que iba dar o Cabe, que morre elí, a poucos metros, no Sil. Os que pasaban polo lugar á noitiña, dicen haber visto unha fermosísima rapaza de pelo dourado, sentada no penedo, peiteándose cun peite de ouro, mentres se miraba arroubada nun espello do mesmo precioso metal, relocindo, naquela luz imprecisa, igoal cos seus cabelos.
|
|
|
|
|
|