|
 |
LENDAS |
DOADE · Os Curas da Cruz da Meda

OS CURAS DA CRUZ DA MEDA
Xúntanse na Cruz da Meda catro parroquias: Vilamarín, Marcelle, A Penela e Doade. En tempos comían elí catro curas, cada un na súa feligresía. O cura de San Pedro de Baños, estaba amolado porque a capela non tiña terras. Na data convida para a comerotada xuntáronse elí os catro curas cada un a cabalo do seu burro coa comida. Cando xa tiñan todo disposto para comer, chegou elí o cura de San Pedro coa súa cabalería. Saía un arrecendo a cabrito dos cestos que daba groria (era o que máis e mellores cabritos tiña de todo o contorno). Colocouse nun espazo baleiro que quedaba entre dous curas e, para pisar no seu, como non tiña terreo propio, descalzouse e esparceu polo chan terra sacra da capela, que metera nos zapatos, e dispúxose a comer ofrecendo os seus cabritos os demáis. Os outros curas non se atreveron a pisar aquel recantiño por ser terra santa, e por estar ocupados enchendo esas barrigas lustrosas con aquela carne saborosa. Enterado o conde de Lemos do sucedido, decidiu darlle o cura ise rabo de terra por onde se mete o Concello de Monforte en terras de Sober, quedando illadas do resto as terras de Vilar de Mouros e a Lampaza, pasando os Palleiros e San Pedro para Monforte. Unha distribución territorial única en toda Galicia.
*Pedro da Lampaza--- Doade--- 30-VI-2006.
|
|
|
|
|
|