|
 |
LENDAS |
NEIRAS · O Tesouro da Devesa

O TESOURO DA DEVESA
Ó parecer a casa do Manoliño da Devesa fixéronna unhos romanos que apareceron polo lugar cunhos burros cheos de ouro. Esconderon o ouro en distintas partes da casa e nos arredores; tanto agocharon que ata os ratos o sacaban dos seus escondrixos. Nunha ocasión viñeron unhos ladróns, colleron a muller da casa e ameazaron con matala se non lle decía das riquezas; o home, que estaba escondido, colleu unha ecopeta e matou ós ladróns. Acabaron desaparecendo para sempre na Ola, ise fondo burato que comunica cunha lagoa subterránea da que non se lle coñece a profundidade.
Andando os anos, a criada, para quedarse co tesouro, envelenou ós amos e tirounos a Ola, sen que nadie, nunca, volvera saber máis deles. Criou ós pequenos e fíxose ama de todo.
*Maika do Vilar--- Neiras--- 24-VI-2005.
|
|
|
|
|
|