|
 |
LENDAS |
NEIRAS · A Pena da Moura do Vilar

A PENA DA MOURA DO VILAR
Xa fai moito tempo que andaba unha moza co gando no monte da Cortiña do Vilar. Cando viña pra casa, polo camiño, atopouse cunha fermosa moura, con ollos azuis e louros cabelos que peinaba ó sol, o seu refrexo facíaos parecer de ouro.
A moura compadeceuse da rapaza, e fíxolle un regalo: mandoulle pechar os ollos, púxolle algo dentro do delantal, e díxolle que non podía miralo ata chegar a casa. Polo camiño, a rapaza, non resistiu a curiosidade e mirou, e viu que eran carbóns. Enfurruñada , tirou con eles, e os carbóns, sen que a rapaza se dera conta volvéronse lagartos xigantes. Iba camiñando, cando sentiu un ruido por detrás e mirou, e os lagartos coméronna.
Contan que cando os raios de sol dan na pena, sae a moura a peinar os cabelos na compaña da rapaza.
*Maika do Vilar---- Neiras--- 6-IX -2005.
|
|
|
|
|
|