Millán é terra de roscas e lendas. Unha destas lendas dinos que as lexións romanas viñan curarse á fonte de Fonterdá, á que se lle atribúen poderes medicinais, especialmente os males relacionados coa dixestión. Ós nenos do veciño pobo de Francos, na parroquia de Proendos, advertíaselles do perigo de ir ata esta fonte xa que nela habitaba o sacaúntos.
A auga da fonte do Cura é boa para evita-la dor de moas. Ademais perdura a crenza de que na Pena de Belán estivo oculta Santa Polonia, en tempos da invasión bárbara.
Con respecto ás roscas, hai que destacar que foron famosas en toda a comarca, os artesáns de Millán vendíanas directamente polas festas, feiras e romarías dos distintos pobos. Na actualidade só existe un rosqueiro nesta parroquia.
|