Nesta parroquia encóntranse dous dos seis miradoiros sobre os canóns do Sil que existen no municipio. A súa igrexa, de orixe románica, foi totalmente reconstruída no século XVIII.
Esta parroquia ten un solo moi rico o que favoreceu un importante desenvolvemento da agricultura e da gandería, como pon de manifesto o feito de que se encontre aquí a maior concentración de hórreos do municipio, sobre todo no pobo coñecido como O Piñeiro. En tempos foi importante a produción de seda.
Tamén foi e é terra de augardenteiros.
Bolmente ten unha das maiores áreas de monte común poboado, cun total de 220 hectáreas ocupadas por piñeiro pinastra. Pola contra, dos antigos soutos de castiñeiros apenas queda o recordo.
|