O Goberno local do Concello de Sober presentou hoxe a XXII Feira da Rosca, o Mel e outros produtos da Ribeira Sacra e o primeiro Túnel do Viño de Amandi que se celebrarán o venres día 11 e o sábado día 12 de agosto. Ao igual que en anos anteriores o 12 pola mañá haberá unha degustación de rosca con queixo en colaboración con Queserías Prado de Monforte. Serviranse 2.000 racións.