O GRUPO DE ROCK SÔBER VOLVERÁ A SOBER O VINDEIRO 19 DE XULLO PRESENTAR O SEU NOVO DISCO Ofrecerán un concerto acústico gratuíto na Praza do Concello ás 22:00 horas. O rexedor subliña que “con este concerto, o Festival 17 grados Ribeira Sacra e a actuación de Carlos Núñez fan que o Concello de Sober se converta no mes de xullo nunha referencia musical a nivel internacional”