SEDE ELÉCTRONICA
 
 
EMPREGO PÚBLICO
 
NOVAS EMPREGO PÚBLICO

2022-05-02 00:00:00  BASES XERAIS QUE REXERÁN O PROCESO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN EN RÉXIME DE PERSOAL LABORAL PARA O CONCELLO DE SOBER.PLAN UNICO DE COOPRACIÓN COS CONCELLOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO2022

Descargar bases
 
2022-04-18 00:00:00  BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA A CONSTITUCIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

Prema para ver as bases da Bolsa de Emprego
 
2022-01-18 00:00:00  RESOLUCIÓN DE convocatoria para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar aprobadas por resolución de alcaldía do 29 de decembro de 2021

RESOLUCIÓN 

ASUNTO: AMPLIACIÓN E ACTUALIZACIÓN DA BOLSA EMPREGO AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR .

DON LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE SOBER (LUGO)
Visto  a  convocatoria para a ampliación da bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar aprobadas por resolución de alcaldía do 29 de decembro de 2021.
Visto que  en   dita convocatoria figura un prazo de presentación de instancias de 5 días hábiles contados  a partir do día da publicación da convocatoria, rematando o prazo de presentación de instancias o día 11 de xaneiro de 2022. Visto as instancias presentadas para formar parte da actual bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar e que son as seguintes:
  • Ángela Roca López, rexistro de entrada nº 7 de data 04 de xaneiro de 2022.
  • Yolanda López Pan, rexistro de entrada nº 15 de data 05 de xaneiro de 2022.
  • Lorena Rodríguez López, rexistro de entrada nº 19 de data 07 de xaneiro de 2022.
  • Yolanda López Nieto, rexistro de entrada nº 26 de data 07 de xaneiro de 2022.
 
Visto a acta de data 18 de xanerio de 2022 do tribunal cualificador do persoal que formará parte da ampliación da bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar, na cal o órgano de contratación acorda constituir a  ampliación da bolsa de emprego  de auxiliares de axuda no fogar, incluíndo as  persoas que se describen a continuación,   segundo a puntuación total acadada  á bolsa de auxiliares de axuda no fogar xa existente:
 
PUNTUACIÓNS DA CONVOCATORIA AMPLIACIÓN BOLSA DE EMPREGO AUXILIAR AXUDA NO FOGAR:
 
Nome e apelidos Formación Experiencia Tempo Desempregado Curso Galego Total Número de Orde
YOLANDA LÓPEZ PAN 4
 
8 0 2 14 1
ÁNGELA ROCA LÓPEZ 0 1,49 0 0 1,49 2
LORENA RODRÍGUEZ LÓPEZ 0 0 0 0 0 3
 
*Excluída por non contar coa titulación esixida: Yolanda López Nieto.
 
                                                                           RESOLVO
 
PRIMEIRO. Aprobar a ampliación da bolsa de emprego de axuda no fogar, e incluir as novas persoas na bolsa de auxiliares xa existente (decreto nº 2019-0246 do 31/05/2019 creación bolsa de emprego de auxiliares de axuda no fogar).
Polo que de  conformidade coas puntuacións asignadas nesta  convocatoria de ampliación da bolsa  de emprego  de auxiliares de axuda no fogar, e tendo en conta a bolsa que xa estaba vixente,  a bolsa de emprego actual de auxiliares de axuda no fogar queda formada segundo o número de orden e a puntuación que se describen a continuación:
 
 
Número de orden Nome e Apelidos Puntuación Total
CLARISA CONDE CARREIRA 10,10
NOELIA VÁZQUEZ CARNERO 9,76
JOSEFA MARTÍNEZ FIGUEIRAS 8,7
LORENA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 8,05
MARÍA ÁNGELES MARIÑO GONZÁLEZ 5,20
LORENA BLANCO SÁNCHEZ 3,9
ENEROLISA CASTILLO DE LEÓN 3,27
SABELA GARCÍA  GONZÁLEZ 2,65
CARMEN FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ 2
10º MILADY ANTONIA ALCÁNTARA TEJADA 1,30
11º ANDREA GUITIÁN PÉREZ 1,20
12º JOSEFINA RAMONA GARCÍA DE VELÁZQUEZ 0,40
 
2ª AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
 
Número de orden Nome e Apelidos Puntuación Total
13º CAROLINA ROSA LÓPEZ VÁZQUEZ 8,92
14º MARÍA MIRÓN GUISADO 8,03
15º ANA FLORENCIA REYNA RÍOS 4
16º MIRANDA ÁLVAREZ GUNTIÑAS 3,41
17º SOFÍA PÉREZ MARTÍNEZ 0,3
 
3º AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
 
Número de orden Nome e Apelidos Puntuación Total
18º MARÍA DEL CARMEN GIL BELLO 4,60
19º JOSEFA RODRÍGUEZ MOA 3,75
20º JANENA RODRÍGUEZ VARELA 1
 
 
 4º AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
Número de orden Nome e Apelidos Puntuación Total
21º MÓNICA ÁLVAREZ MOURE 6,53
22º MARÍA DEL CARMEN GUITIÁN LÓPEZ 4,17
23º NOEMI LOSADA MARTÍNEZ 1,82
 
5º AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO
Número de orden Nome e Apelidos Puntuación Total
24º YOLANDA LÓPEZ PAN 14
25º ÁNGELA ROCA LÓPEZ 2
26º LORENA RODRÍGUEZ LÓPEZ 0
 
SEGUNDO. Dar conta o Pleno a fin de que quede enterado do seu contido.
 
 
O que manda e asina o Señor Alcalde en Sober, na data de 18 de xaneiro de 2022, do que eu, como Secretario-Interventor, dou fe:
 
 
O ALCALDE.Luis Fernández Guitián                                                     
SECRETARIO-INTERVENTOR. David Criado Taboada
 
 
2022-01-03 00:00:00  BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA PARA A AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR APROBADA POR RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA O 9 DE ABRIL DE 2019

BASES XERAIS DA CONVOCATORIA PARA A AMPLIACIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DE AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR APROBADA POR RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA O 9 DE ABRIL DE 2019.
 
PRIMEIRO. Obxecto da convocatoria.
O obxecto das presentes bases é a ampliación –recollida no artigo undécimo, punto 12, das bases xerais da convocatoria aprobada por resolución de alcaldía o 9 de abril de 2019- da bolsa de emprego, destinada á selección temporal de persoal de axuda no fogar para a cobertura das necesidades transitorias do servizo que requiren a contratación puntual para realizar substitucións por ausencias de persoal, incapacidade laboral transitoria, permisos e licenzas, acumulación de tarefas nese servizo, ou calquera outra necesidade temporal, estacional ou urxente que non se poida prestar co persoal existente. Utilizarase o sistema de concurso cunha valoración de méritos.
Os postos referidos están adscritos ao Concello de Sober, área de servizos sociais, e as funcións serán as recollidas na ordenanza reguladora do Servizo de Axuda no fogar vixente deste mesmo concello; xustamente:
  • Atencións domésticas: todas aquelas actividades e tarefas que se realizan de forma continua no fogar relacionadas coa alimentación, limpeza, mantemento da vivenda, etc.
  • Atencións persoais: actividades relativas a facilitar ao apoio social efectivo, tales como compañía, hixiene persoal, acompañamento a xestións e mobilización dentro do fogar.
SEGUNDO. Modalidade e duración do contrato e salario.
A xornada e a duración dos contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal, fixada nos mesmos en función da necesidade para a que se efectúe a contratación, ao abeiro do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, en materia de contratos de duración determinada, e do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores aprobado por Real Decreto 2/2015, de 23 de outubro.
A xornada de traballo será de luns a domingo e a duración da xornada será a mesma da praza que se cubra en substitución, pudendo ser a media xornada ou a xornada completa
A retribución será a fixada no orzamento municipal para o exercicio 2022 para os postos aquí convocados, e sempre que o o permitan as dispoñibilidades presupostarias.
TERCEIRO. Forma e prazo de Presentación de Solicitudes.
As solicitudes (Anexo I), requirindo tomar parte nas correspondentes probas de acceso nas que os aspirantes farán constar que reúnen as condicións esixidas nas presentes bases xerais para a praza que se opte, dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Sober, e presentaranse no Rexistro de entrada deste Concello no prazo de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario LA VOZ DE GALICIA en horario de 09:00 a 14:00. O anuncio publicarase tamén no Taboleiro de Anuncios do Concello.
As instancias tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 01 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As/os aspirantes que non presenten as solicitudes no Rexistro do Concello de Sober, deberán remitir unha comunicación por correo electrónico a xestión@concellodesober.com, comunicando a presentación da solicitude co selo de correos ou do rexistro correspondente.
A solicitude deberá ir acompañada por:
  • Copia cotexada do DNI, NIE ou, no seu caso, pasaporte.
  • Copia cotexada da titulación ou certificado esixido na convocatoria.
  • Copia cotexada de tódolos documentos xustificativos dos méritos que se aleguen, pois non se tomarán en conta nin serán avaliados aqueles que non queden debidamente acreditados, en todos os seus extremos no momento da presentación da instancia.
  • Copia cotexada do carné de conducir.
  • Informe de vida laboral actualizado xunto cos contratos de traballo ou certificado de servizos prestados.
CUARTO. Condicións de Admisión de Aspirantes.       
1.- De conformidade co artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, para poder participar nos procesos selectivos será necesario:
-Ter nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, permita o acceso ao emprego público. Poden acceder ao emprego público en igualdade de condicións coas persoas de nacionalidade española:
  • As persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea.
  • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito.
  • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.
  • As persoas, calquera que sexa a súa nacionalidade, descendentes do cónxuxe non separado de dereito de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores de devandita idade dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
-Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto de traballo. As persoas con minusvalía serán admitidas en igualdade de condicións cos demais aspirantes sen que se establezan exclusións por limitacións psíquicas ou físicas senón nos casos en que sexan incompatibles co desempeño das tarefas ou funcións correspondentes.
-Ter cumpridos dezaoito anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
-Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
2.- Estar en posesión do título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.
3.- Debido as necesidades propias do servizo é imprescindible contar con Carné de conducir B1 e dispoñibilidade para viaxar polas distintas parroquias para o que deben contar con medio de transporte para o desprazamento.
Os citados requisitos entenderanse referidos á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de instancias e manterse durante todo o proceso, así como, no seu caso, no momento de formalización do correspondente contrato de traballo.
QUINTO. Tribunal cualificador.
Os órganos de selección serán colexiados e a súa composición deberá axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros, e tenderase, así mesmo, á paridade entre muller e home.
En ningún caso poden formar parte dos órganos de selección:
  • O persoal de elección ou de designación política.
  • O persoal funcionario interino ou laboral temporal.
  • O persoal eventual.
  • As persoas que nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas ou colaborasen durante ese período con centros de preparación de opositores.
A pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, non podendo ostentarse esta en representación ou por conta de ninguén.
Os membros do tribunal cualificador do proceso selectivo, designarase por resolución de Alcaldía, e deberán estar integrados por cinco membros titulares, un presidente, un secretario e tres vogais, todos eles con voz e voto. O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario. A súa composición axustarase aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros.
Os membros do tribunal deberán de absterse de intervir cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 de Lei 40/2015 de 01 de outubro do Réxime Xurídico do Sector Público. Os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas nas presentes bases, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015 de 01 de outubro de Réxime Xurídico do Sector Público.
Todos os membros do tribunal deberán contar con titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o posto ao que se opta. A resolución de alcaldía cos membros do tribunal cualificador exporase ao publico no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello, xunto coa listaxe de admitidos/excluídos.
SEXTO. Sistemas de selección.
O procedemento de selección dos aspirantes será mediante concurso de méritos.
FASE CONCURSO:
O tribunal non poderá avaliar o non alegado e acreditado polos aspirantes nos documentos achegados no momento de presentar a solicitude ás probas selectivas.
Toda a documentación que se achegue deberá presentarse compulsada ou en orixinal para a súa compulsa polo Rexistro.
Méritos computables:
a)Formación:
  • Cursos de formación relacionados coa materia, aplicándose o seguinte baremo en función do número de horas:
  • de 10 a 19 horas:0,10 puntos
  • de 20 a 39 horas: 0,25 puntos
  • de 40 a 75 horas:0,40 puntos
  • de 76 a 100 horas:0,60 puntos
  • de 101 a 200 horas:1 puntos
  • de 201 a 400 horas:2 puntos
  • máis de 400 horas:3 puntos
A puntuación máxima deste apartado será de 4 puntos.
b) Experiencia:
  • Por servizos prestados en postos similares na Administración Pública, por xornada completa: 0,20 por cada mes de servizo en postos similares.
  • Por servizos prestados en postos similares en empresas privadas, por xornada completa: 0,10 por cada mes de servizo en postos similares.
A puntuación máxima neste apartado será de 8 puntos. A puntuación outorgarase por meses efectivos de traballo a xornada completa. As contratacións a tempo parcial prorratearanse segundo corresponda e o resto de días soltos sumarán meses se alcanzan o número de 30 para cada mes.
Estes méritos acreditaranse mediante copia dos correspondentes contratos de traballo, xunto co certificado de empresa ou informe de vida laboral; ou certificación expedida polo funcionario competente do organismo correspondente que reflicte o corpo ou grupo profesional de pertenza e as tarefas desempeñadas, xunto co informe de vida laboral.
c) Antigüidade como desempregado: 0,10 puntos por mes de antigüedade inscrito no Servizo Público de emprego de xeito ininterrompido, ata un máximo de 3 puntos.
Non se computarán períodos inferiores a un mes, considerándose a estes efectos os meses de trinta días. Para estes efectos, terase en conta o período máis recente e de maneira ininterrompida inscrito no Servizo Público de Emprego.
Acreditarase mediante certificación ou outro documento equivalente, expedido polo organismo correspondente, que permita avaliar a mesma.
d) Por ter realizados os cursos de galego:
  • Curso de iniciación ou o curso de Celga 3: 1 punto
  • Curso de perfeccionamento ou o curso de Celga 4: 2 puntos
Só se puntuará o curso de nivel superior, a puntuación máxima neste apartado será de 2 puntos.
SÉTIMO. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.
Unha vez terminada a cualificación dos aspirantes, os Tribunais farán pública a relación de aprobados por orde de puntuación no taboleiro de edictos do Concello e na páxina web do Concello.
A relación de persoas que formarán parte da bolsa de emprego estarán ordenadas de modo descendente, de maior a menor puntuación.
Na acta de cualificación do tribunal incluirase unha relación dos aspirantes que non foran incluídos na relación de aprobados e proposta de nomeamento, co fin de que, se por calquera circunstancia algún aspirante aprobado non fora nomeado, poderían selo, pola orde de puntuación obtida no proceso de selección. Ademais a relación quedará para poder ser utilizada no futuro, como reserva (sempre respectando a orde da lista), para cubrir situacións de renuncia voluntaria, procesos de incapacidade temporal, ou calquera outra circunstancia ou necesidade do servizo. Cando un dos aspirantes incluídos na lista fose chamado para ocupar un posto, ó rematar o período de contratación recuperará o seu lugar inicial na mesma, de xeito que poderá ser chamado para unha nova contratación.
Devandita relación elevarase ao sr. Alcalde da Corporación, que tras resolver sobre o nomeamento, publicaraa na páxina web e no taboleiro de edictos do Concello.
Os/as candidatos/as que forman parte da bolsa, cando sexan chamados para un posto de traballo temporal, disporán dun prazo de 1 día naturais para presentar no Rexistro Xeral do Concello, os seguintes documentos (salvo que xa os presentaran coa instancia de solicitude):
  • Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade.
  • Certificado/informe médico de non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes.
  • Declaración xurada de non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración Pública nin de atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións por sentencia firme.
  • Declaración xurada de non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.
  • Declaración xurada de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade establecidas na lexislación sobre a materia.
  • Os aspirantes que fixeron valer a súa condición de persoa con minusvalía, deberán acreditar tal condición e así mesmo a súa compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes ao posto, mediante certificación expedida polo Organismo competente na materia.
Aqueles que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación, deducísese que carecen dalgún dos requisitos esixidos, polo que non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.
OITAVO. Incidencias.
Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma, así como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas pola/o interesado/a nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015 de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 29/1998 de 13 de xullo reguladora da Xurisdicción Contencioso Admistrativa.
O chamamento realizarase seguindo a orde de puntuación que fose obtida polos aspirantes. Notificado ao mesmo, o prazo para que se presente que será de 1 día natural.
No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; a Lei 30/1984, de Medidas para a Reforma da Función Pública, e o Real Decreto Lexislativo 2/2015 de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no que non estea reservado á lexislación do Estado será de aplicación o Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia, Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido do EBEP.
 
 
O Alcalde-Presidente
Luis Fernández Guitián
 
 
2021-12-30 00:00:00  RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA, AUXILIAR DE PROTECCIÓN CIVIL A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021.

254/2021. CONTRATACIÓN 1 AUXILIAR DE PROTECCIÓN CIVÍL.
CONVOCATORIA DE 03/12/2021. 
RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA, AUXILIAR DE PROTECCIÓN CIVIL A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021.
Nombre e apelidos Puntuación
David González García 7,95
A vista das puntuacións asinadas, próponse para a súa contratación ao seguinte candidato:
DAVID GONZALEZ GARCIA
 
E como lista de reserva o resto de candidatos aprobados dacordo coa puntuación obtida.
NINGÚN.

En Sober, a 30 de decembro de 2021. O Alcalde. Luís Fernández Guitián
 
 
2021-12-30 00:00:00  RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA DE AUXILIAR DE VITICULTURA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021.

254/2021. CONTRATACIÓN 1 AUXILIAR DE VITICULTURA.
CONVOCATORIA DE 03/12/2021.
RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA DE AUXILIAR DE VITICULTURA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021.
 
 
Nome e apelidos
 
Puntuación
 
Alfonso Campos Pérez
 
9,00
 
A vista das puntuacións asinadas, próponse para a súa contratación ao seguinte candidato:
Alfonso Campos Pérez
 
En Sober, a 30 de decembro de 2021. O Alcalde. Luís Fernández Guitián.
 
 
2021-12-29 00:00:00  Lista admitidos e excluidos proceso selectivo para a contratación dun-ha auxiliar de protección civil, e un-ha auxiliar de viticultura dacordo co Programa de Fomento do Emprego. Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2021. E a convocato



ADMITIDOS-AS PRAZA PROTECCIÓN CIVÍL:
1.-González García David.
EXCLUIDOS-AS PRAZA PROTECCIÓN CIVÍL:
Ningún-ha.
 
 
ADMITIDOS-AS PRAZA AUXILIAR DE VITICULTURA:
 
1.-Campos Perez Alfonso.
EXCLUIDOS-AS PRAZA TECNICO-A EN TURISMO:
Ningún-ha.
 
DATA PROCESO SELECTIVO:
Os candidatos-as seleccionados deberán presentarse ás horas establecidas para a realización das probas selectivas o día 30 de decembro de 2021, no Centro Sociocultural e da Terceira Idade deste concello, provistos do DNI, para a realización do proceso selectivo, procederase ao chamamento único.
 
En Sober, a 29 de decembro de 2021. O Alcalde,Luis Fernández Guitián
 
 
2021-12-17 00:00:00  CONVOCATORIA 2 prazas de persoal laboral temporal: Auxiliar de viticultura e Técnico protección Civíl . Subvencionadas a través do programa de Fomento de Emprego da Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2021.

POSTOS: 2
1 Posto. Auxiliar de viticultura. Contrato temporal. 8 meses, 50% de xornada. (Do 01/01/2022 ata o      31/08/2022).
1 Posto. Técnico protección Civíl. Contrato laboral temporal. 5 meses, 50% de xornada. (Do 01/01/2022 ata o 31/05/2022).
TITULACIÓN ESIXIDA:
1 Posto. Auxiliar viticultura. Certificado estudios primarios, título de graduado escolar ou equivalente.
1 Posto. Técnico Protección Civíl. Certificado estudios primarios, título de graduado escolar ou equivalente.
CRITERIOS DE SELECCIÓN: Os establecidos nás bases xerais para o acceso as prazas de persoal laboral temporal do Excelentísimo concello de Sober, a través do Plan Único Provincial de Cooperación cos concellos da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo, anualidade 2021. (Programa Fomento do Emprego). Publicadas no BOP da Provincial de Lugo nº 113, de data de 21 de maio de 2021. A situación ou procedencia dos candidatos deberá provir de situación de desemprego ou de mellora de emprego. así como estar en posesion do Celga 2 ou Celga 3, ou en caso contrario superar unha proba de coñecemento do galego.
 
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS: 10 días naturais a contar a partir da data de publicación da presente convocatoria. (Do 18/12/2021 ata o 27/12/2021 ambos incluídos).
DATA REALIZACIÓN DE PROBA DE COÑECEMENTOS, VALORACIÓN DE MÉRITOS E ENTREVISTA PERSOAL:
1 Posto. Auxiliar de Viticultura. xoves 30/12/2022 as 09:15 horas.
1 Posto. Auxiliar Protección Civíl. xoves 30/12/2022 as 10:30 horas.
 
TRIBUNAL CUALIFICADOR:
1.-Posto de Auxiliar de Viticultura.
Presidente: María Mercedes Casares Vázquez, funcionaria concello de Sober, Secretario: David Criado Taboada, Secretario interventor concello de Sober. Vocal I: Carlos Losada Rodríguez, ADL concello de Sober. Vocal II: José Manuel González Fernández operario servizos concello Sober e presidente AVPC Sober. Vocal III: Celso López Sáez operario servizos concello Sober e secretario AVPC Sober.
2.-Posto de Técnico Protección Civíl
Presidente: María Mercedes Casares Vázquez, funcionaria concello de Sober, Secretario: David Criado Taboada, Secretario interventor concello de Sober. Vocal I: Carlos Losada Rodríguez, ADL concello de Sober. Vocal II: José Manuel González Fernández operario servizos concello Sober e presidente AVPC Sober. Vocal III: Celso López Sáez operario servizos concello Sober e secretario AVPC Sober.
 
En Sober, a 3 de decembro de 2021.
 
 
O Alcalde-Presidente
Luis Fernández Guitián.
 
ANEXO II – Temario común.
Materias Comúns:
Tema 1: A Constitución Española do 1978.
Tema 2: Dereitos de deberes fundamentais dos españois.
Tema 3: Organización territorial do Estado. O Estatuto de Autonomía de Galicia.
Competencias da Comunidade Autónoma.
Tema 4: Dereito Administrativo. Fontes e xerarquía das normas.
Tema 5: A administración e a norma xurídica: o principio de legalidade.
Tema 6: O Municipio. Concepto e elementos. O termo municipal. O empadroamento.
Tema 7: O municipio. Competencias e organización. Órganos de gobernó e administración do municipio.
Tema 8: A provincia. Organización Provincial. Deputacións.
Tema 9: O procedemento administrativo común. As fases do procedemento administrativo.
Tema 10: Revisión dos actos administrativos: revisión de oficio e recursos administrativos.
Tema 11: O persoal ao servizo das Entidades Locais. Concepto e clases. Dereitos e deberes. Incompatibilidades.
Tema 12: O orzamento das Entidades Locais. Documentos de que consta.
Tema 13: Calidade dos datos. Dereito de información na recollida de datos, consentimento do afectado, datos especialmente protexidos, dereito de rectificación e
cancelación do Regulamento Europeo de Protección de Datos.
 
Materias Específicas Auxiliar viticultura:
Tema 1.-Principales tareas do cultivo da viña.
Tema2.-Fundamentos da poda.
Tema 3.-Defensa do cultivo e aplicación de tratamentos fitosanitários.
Tema 4.-Fertilización, o solo, o ph...
Tema 5.-A Vendimia.
Tema 6.-Periodicidade das tareas vitícolas.
Tema 7.-Tipos de cultivo da vide. O estacado e arameado, a espaldera, parral...
Tema 8.-Instalación do viñedo: deseño, replanteo e execución.
Tema 9.-A cepa e a uva. Variedades, tipos de patrón, grado alcohólico.
 
Materias Específicas Auxiliar Protección civil:
Tema 1.-Curso básico de protección civíl.
Tema 2.-A Protección civil. O municipio de Sober.
Tema 3.-Riesgos Accidentes e autoprotección.
Tema 4.-Comunicacións.
Tema 5.-Equipos e instalacións de emerxencia no concello de Sober.
Tema 6.-Actuacións básicas ante emerxencias.
 
 
2021-10-28 00:00:00  RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA, TECNICO-A FORESTAL A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021

 
RESULTADO SELECCIÓN PARA A COBERTURA DE 1 PRAZA, TECNICO-A FORESTAL A TRAVÉS DO PROGRAMA DE FOMENTO DE EMPREGO DA DEPUTACION PROVINCIAL DE LUGO, CONVENIO UNICO PROVINCIAL 2021.
RESULTADO SELECCIÓN:
 
NOME  APELIDOS
 
EXAMEN
TEST 0-5
 
EXPERIENCIA PROFESIONAL
0-2.5
 
FORMACION CURSOS
0-1.5
 
GALLEGO
0-0,5
 
PERTENZA COLECTIVO ESPECIAL
0-1.5
 
ENTREVISTA
0-2
 
TOTAL
 
Roi Estévez Pérez.
 
 
3.5
 
1.4
 
 
 
0
 
0.5
 
0
 
1.2
 
6.6
A vista das puntuacións asinadas, propónse para a súa contratación ao seguinte candidato-a:
ROI ESTÉVEZ PÉREZ 35.57X.XXX-X  
 
E como suplentes ao resto de candidatos de acordo coa puntuación obtida.
En Sober, a 28/10/2021.O Alcalde,Luis Fernández Guitián.
 
2021-10-27 00:00:00  Lista de admitido e excluidos de técnico-a forestal, dacordo co Programa de Fomento do Emprego. Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2021

Proceso selectivo para a contratación dun técnico-a forestal, dacordo co Programa de Fomento do Emprego. Deputación Provincial de Lugo. Plan Provincial Único 2021. E a convocatoria de data de 06/10/2021.
LISTA DE ADMITIDOS-AS E EXCLUÍDOS-AS
ADMITIDOS-AS:
1.-ROI ESTEVEZ PÉREZ 35.57X.XXX-X
EXCLUÍDOS-AS:
Ningún-ha.
 DATA EXAMEN E PROCESO SELECTIVO:
Os candidatos-as seleccionados deberán presentarse o día 28/10/2021, as 10:00 horas, no salón de plenos do concello de Sober provistos do DNI, para a realización do proceso selectivo.
En Sober, Lugo na data da sinatura electrónica.
O Alcalde, Asdo: Luis Fernández Guitián
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com