|
 |
PERFIL DO CONTRATANTE |
EXPLOTACIÓN BAR-CAFETERÍA CASA DA CULTURA

Por acordo da Xunta de Goberno Local do dia 29 de xullo de 2013, por medio deste anuncio realízase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo a oferta economicamente máis vantaxosa, para a explotación do servizo de bar dun edificio público deste municipio “EXPLOTACIÓNBAR-CAFETERÍA CASA DA CULTURA”, conforme os seguintes datos:
1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: CONCELLO DE SOBER
b) Dependencia que tramita o expediente: SECRETARIA
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Oficinas xerais Concello de Sober
2) Enderezo: Praza do Concello s/n
3) Localidade e código postal: 27460- Sober
4) Teléfono: 982.460001
5) Telefax: 982. 460002
6) Enderezo de correo electrónico: info@concellodesober.com
7) Enderezo da Internet do perfil do contratante: www.concellodesober.com
8) Data limite de obtención de documentación e información: ata o decimoquinto posterior a publicación deste anuncio no BOP de Lugo
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: Contrato administrativo especial.
b) Descrición: EXPLOTACIÓN BAR-CAFETERÍA CASA DA CULTURA.
c) Prazo de execución/entrega: 12 meses
d) Admisión de prorroga: si, 12 meses
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: Ordinaria.
b) Procedemento: Contrato administrativo especial para a explotación do servizo de Bar nun edificio público “EXPLOTACIÓN BAR-CAFETERIA CASA DA CULTURA”, por procedemento aberto, oferta económicamente máis vantaxosa.
4. Valor estimado do contrato: 6.000,00 euros anuais.
5. Orzamento base de licitación:
500 euros/mes tipo de licitación a alza.
6. Garantías esixidas.
Provisional: Non se esixe.
Definitiva: Non se esixe
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación (non se esixe): ,
b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica segundo cláusula sétima.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data limite de presentación: Quince dias naturais contados a partir do dia seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletin Oficial da Provincia de Lugo e no Perfil do Contratante.
b) Modalidade de presentación: Por correo, por telefax ou por medios electrónicos ou informáticos, en calquera dos lugares establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Sober, en horario de atención ao público ( de 9.00 horas a 14.00 horas).
1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Sober.
2. Enderezo: Praza do Concello s/n
3. Localidade e código postal: 27460-Sober
4. Enderezo electrónico: info@concellodesober.com
9. Apertura de ofertas:
a) Descricion: A apertura das ofertas deberá realizarse no prazo máximo de un mes contado desde a data de finalización do prazo para presentalas.
b) Enderezo: Praza do Concello s/n
c) Localidade e codigo postal: 27460-Sober
d) Data e hora: Quinto día hábil despois da finalización do prazo de presentación das ofertas (considerarase inhábil para estes efectos os sábados), as 10.00 horas.
En Sober, a 30 de xullo de 2013
O Alcalde,
Asdo.:Luis Fernández Guitián.
|
|
|
|
|
|