|
 |
PERFIL DO CONTRATANTE |
ADXUDICACIÓN

Visto que por Providencia de Alcaldía de data 2 de xaneiro iniciouse o procedemento para contratación do servizo de mantemento da oficina municipal de rehabilitación e o servizo de asistencia técnica ó Concello
Visto que con data 2 de xaneiro foi emitido Informe por Secretaría sobre a Lexislación aplicable e o procedemento a seguir e o órgano competente para aprobar e adxudicar o contrato.
Visto que por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 7 de xaneiro foi aprobado iniciar o expediente para a contratación referenciada motivando a necesidade e idoneidade da contratación proposta.
Visto que con data 13 de xaneiro foi redactado e incorporado ao expediente o Prego de Cláusulas Administrativas Particulares e o de prescricións técnicas que rexerán a adxudicación do contrato.
Visto que mediante acordo da Xunta de Goberno Local de data 7 de xaneiro de 2014 foi aprobado o expediente e os Pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación do servizo de mantemento da oficina municipal de rehabilitación e o servizo de asistencia técnica ó Concello
Visto que con data 20 de xaneiro foron solicitadas ofertas os seguintes empresarios persoas físicas :
-
YAGO GARRIDO RODRÍGUEZ
-
ANTONIO TABOADA LÓPEZ.
-
LUIS RAMÓN TABOADA GARCÍA , PATRICIA LÓPEZ GONZÁLEZ, JAVIER LÓPEZ FRANCO, E VERÓNICA LÓPEZ LÓPEZ
Visto que con data 3 de febreiro foi constituída a Mesa de contratación, órgano competente para a valoración das ofertas, realizou proposta de adxudicación a favor de
-
LUIS RAMÓN TABOADA GARCÍA ,, PATRICIA LÓPEZ GONZÁLEZ, JAVIER LÓPEZ FRANCO, E VERÓNICA LÓPEZ LÓPEZ.
-
Visto que con data 3 de febreiro , o órgano de contratación declarou como oferta economicamente máis favorable a emitida por LUIS RAMÓN TABOADA GARCÍA , PATRICIA LÓPEZ GONZÁLEZ, JAVIER LÓPEZ FRANCO, E VERÓNICA LÓPEZ LÓPEZ.
Visto que se requiriu ao candidato que presentou a oferta economicamente máis vantaxosa para que presentase a documentación xustificativa a que fai referencia o artigo 151.2 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, así como xustificación da constitución da garantía definitiva e, ademais, que dispón dos medios que se comprometese a dedicar ou adscribir á execución do contrato.
Visto que con data 13 de febreiro os candidatos presentaron os documentos xustificativos esixidos.
Examinada a documentación que a acompaña, visto o informe de Secretaría, e de conformidade co establecido no artigo 151.4 e na Disposición Adicional Segunda do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro,a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes ACORDA:
PRIMEIRO. Adxudicar á LUIS RAMÓN TABOADA GARCÍA , en representación da agrupación de empresarios persoas físicas constituida por , PATRICIA LÓPEZ GONZÁLEZ, JAVIER LÓPEZ FRANCO, E VERÓNICA LÓPEZ LÓPEZ. o contrato de servizos de de mantemento da oficina municipal de rehabilitación e o servizo de asistencia técnica ó Concello por procedemento negociado sen publicidade e tramitación urxente.
SEGUNDO.Dispor o gasto con cargo á partida 920.221 do orzamento vixente de gastos.
TERCEIRO. Notificar a adxudicación aos candidatos que non resultaron adxudicatarios
CUARTO. Notificar a D. LUIS RAMÓN TABOADA GARCÍA, adxudicatario do contrato, a presente Resolución e citarlle para a sinatura do contrato que terá lugar no Concello de Sober o dia 19 de febreiro de 2014 as doce horas.
QUINTO. Publicar a formalización do contrato no Perfil de contratante.
SEXTO. Comunicar os datos básicos do contrato ao Rexistro de Contratos do Sector Público, de conformidade co disposto no artigo 333.3 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.
SÉTIMO. Remitir aoTribunal de Contas/ou órgano externo de fiscalización da Comunidade Autónoma unha copia certificada do documento mediante o que se formalizase o contrato, acompañada dun extracto do expediente do que se derive, sempre que a contía do contrato exceda de 600.000 euros, dentro dos tres meses seguintes á formalización do contrato.
|
|
|
|
|
|