|
|
RUTAS |
RUTA VITICULTURA HEROICA E CANÓNS DO SIL
O Tren Turístico Aba Sacra ofrece un inédito e inesquecible percorrido polas abas do Canón do Sil: o Tour da viticultura heroica e Canóns do Sil.
Percorrido: Saída de Doade pasando polo Mirador de Soutochao, Viñedos de Amandi, Val da Lenda, Mirador dos Chelos, bodega Rectoral de Amandi, Vilachá, Itinerario Cultural Via Appia, Bodegas Regina Viarum e remate en Restaruante aCantina.
Poderá tocar cos seus propios pés os socalcos milenarios que alcanzan desniveis de ata un 70%; contemplará a prezada uva mencía e atravesará a sagrada terra que acubilla o aurífero Sil e o Valle da Lenda, en Doade e Amandi.
Converterase nun viaxeiro no tempo (homo viator), sentíndose protagonista da súa propia historia, descubrindo neste Tour unha paisaxe sobrenatural e que permanece impertérrita ante o paso do tempo. Un paraíso que foi conformándose pola man do home ao longo de dous mil anos e que deu como resultado miles de socalcos ou bancais onde nace o néctar dos deuses que xa levaban a Roma para que os Emperadores se deleitaran con el nas súas festas. E aínda segue así.
Visitas a viñedos, miradores, Itinerario Cultural Via Appia, Bodegas Regina Viarum onde se ofrece unha degustación con rosca de Sober y queixo galego. Como opción, un menú especial no Restaurante aCantina.
Tamén se fan viaxes especiais para festas, bautizos, eventos, e rutas do románico, olería de Gundivós e dos Miradores. Pódense consultar os horarios e prezos no teléfono 650.770.179.
|
|
|
|
|
|