RUTA DOADE-AUGASMESTAS (PRG 157)
É unha ruta de senderismo, oficialmente recoñecida, que partindo de Doade pasa pola Pena do Castelo, Fonte de San Xermunde, Palleiros, Lampaza, Vilardemouros e A Cubela ata adentrarse no concello de Ribas de Sil. De extraordinaria beleza.
Trátase dunha das rutas máis espectaculares das existente nestes momentos na Ribeira Sacra, ademais do maior camiño transitable polo Canón do Sil, que nos ofrece unha idea precisa das características e elementos máis importantes desta zona tan específica e peculiar da xeografía gallega.
Ao longo da mesma teremos a ocasión de contemplar marabillosos paisaxes do Canón do Sil, tanto desde zonas elevadas como da zona inferior ao mesmo nivel da agua, con gran variedade de elementos, tanto etnográficos como naturais, entre os que destacan os seguintes:
• O Mirador da Pena do Castelo, atalaia desde a que se obtieñen fantásticas vistas da contorna da Ribeira Sacra próximo a Doade, e onde tambén se atopa a Ermita de San Amaro.
• Diversas aldeas abandonadas ao longo do recorrido, con gran encanto e situadas en lugares de moi difícil acceso como Froxende, Barxa, Parada e Vilar de Mouros.
• Elementos etnográficos de gran valor como o Muíño de López e, sobre todo, o Conxunto Etnográfico de Abelaira, con numerosas bodegas tradicionais que forman unha unidade nun lugar con tradición milenaria na produción vinícola.
• Marabillosos lugares naturais como o Mirador de Barxa, desde o que se contempla o elemento natural máis fermoso de todo el Canón del Sil: o impresionante Meandro da Cubela, que describe unha curva de case 360 graos, e situado nun contorno sen parangón en toda a zona.
• Outros fermosos lugares como o Souto de Valguaire, de castiros centenarios, as Fontes de San Xermunde, e as zonas de viñedos da Ribeira de Vilachá.
A ruta é dura pola distancia e os desniveis a salvar.
Recoméndase facer a ruta dirección Doade-Augasmestas. En sentido contrario é máis dura e ten un desnivel de subida a maiores que no outro sentido.
|