|
 |
RUTAS |
RUTA SUR DO CAMIÑO A SANTIAGO


Partiremos da Ponte do Sil e por terras soberinas recorreremos os bancais das vides por un camiño que circunda unha paisaxe singular que nos aproxima a Francos.
A ruta ten o seu inicio nun desvio a dereita que atopamos a poucos metros da Ponte do Sil. Discorre, unha parte do seu percorrido, paralela ó río Sil, a través dunha zona de viñedos, onde se cultivan os famosos viños de Amandi.
O tipo de vexetación corresponde ó microclima mediterráneo propio desta zona e característico da parte sur do municipio de Sober, o que permite o cultivo de oliveiras, castiñeiros, viño e cereais.
Esta ruta podese continuar ata Monforte de Lemos (Ponte do Sil-Monforte de Lemos 19,9 km). Pasando o límite municipal de Sober, descenderemos a Marcelle e Pereiras, deixando a nosa esquerda a mina de Riocobo e por outra ruta alternativa acercaremonos ó alto do Marroxo, dende onde se observan as terras de Lemos. Pereiras, Cimadevila e Gullade, serán os núcleos que nos enlazarán con Monforte.
|
|
|
|
|
|