SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTA A PROGRAMACIÓN DA XXVIII FEIRA DA ROSCA E O VII TÚNEL DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober da a coñecer a programación da XXVIII Feira da Rosca, Mel e outros Produtos da Ribeira Sacra e o VII Túnel do Viño de Amandi, que se van celebrar o luns 11 e o martes 12 de agosto.
 
O martes día 12 os postos abrirán ás 10:00 horas para ofrecer os produtos típicos desta celebración, entre eles a rosca e o mel.
 
Ás 11:00 horas haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares.
 
De 11:00 a 13:00 horas desenvolveranse o obradoiro de feltro para todos os públicos de Ovella Viva. Á mesma hora dará comezo un obradoiro de cestería en vivo a cargo do CENTRAD da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
 
Ás 12:00 horas actuará o grupo de música tradicional Os Valouros no marco do programa Tradigalu da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. E ás 13:00 horas as persoas que o desexen poderán participar na degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca con queixo por cortesía do Concello de Sober, e coa colaboración de Queserías Prado.
 
Túnel do Viño de Amandi
O VII Túnel do Viño de Amandi abrirá as súas portas o luns ás 19:00 horas. Á mesma hora haberá unha actuación do grupo Nectarine Soul.
 
No evento, organizado por Vinosacra, participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora ademais a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.
 
O Túnel no que degustar os viños de Amandi estará aberto ata as 23:00 horas. O martes abrirá en horario de 11:00 a 15:00 horas.
 
Novidade dunha experiencia gastronómica
Como novidade, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) vai ofrecer ao longo do día 11 pola tarde unha experiencia gastronómica gratuíta con produtos galegos 100% na Praza do Concello. En concreto, o cociñeiro José Manuel Mallón vai preparar 500 tapas de tres variedades diferentes compostas por empanada de pemento do Couto con San Simón da Costa, Tosta de pan galego con tenreira galega e mostaza de grelos e, como sobremesa, crema de tarta de queixo Irmáns de Leite, mel de Galicia e Granola Ai.
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com