SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DEDÍCALLE A RÚA DO COLEXIO A MARUJA MALLO, CON RACÍES NO MUNICIPIO



 
O Concello de Sober aprobou por unanimidade no Pleno do mes de febreiro dedicarlle a rúa do colexio, ata o de agora sen nome, á pintora Maruja Mallo polas súas raíces no municipio, en concreto co lugar de Naz, parroquia de San Martiño de Anllo.
 
O pasado día 6 de febreiro cumpríronse 30 anos do seu falecemento.
 
Para conmemorar esta data e no marco do Mes do Amandi, este xoves celebrouse unha charla no salón de actos do colexio coa intervención do profesor Emilio Xosé Insua, que falou da vida e obra da pintora, é do xornalista Ángel Arnaiz, quen departiu sobre as orixes familiares da artista.
 
Ao remate alumnos, profesores e o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, participaron no descubrimento dunha placa co nome de Rúa Maruja Mallo para honrar a memoria desta artista de recoñecemento internacional.
 
Orixes da artista
Polo que se sabe, o seu avó materno, José González, máis coñecido como Pepito, ferreiro de profesión, naceu e medrou na aldea de Naz, ata que emigrou a Vigo.
 
Alí casou con Emilia Lorenzo e chegou a ser alcalde do desaparecido concello de Lavadores, que na actualidade está integrado no municipio vigués. Do matrimonio nacería María González Lorenzo, nai da pintora. Esta casou en Vigo co madrileño Justo José Gómez Mallo, unión da que naceu na cidade de Viveiro Ana María Manuela Isabel Gómez y González, nome completo de Maruja Mallo.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com