SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
LUCÍA PÉREZ SERÁ A PREGOEIRA DA XLV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



A cantante natural do Incio Lucía Pérez será este ano a pregoeira da XLV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 11, 12 e 13 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.
 
A moza da Terra Brava ofrecerá un concerto o sábado pola tarde e pronunciará o pregón o domingo ao mediodía.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explica a elección da pregoeira por tratarse “dunha das artistas máis queridas e recoñecidas da música galega” nun momento de madurez artística e cando vén de presentar o seu novo tema ‘Tanto’, no que fusiona diferentes influencias culturais.
 
En concreto, esta peza foi composta pola propia Lucía xunto co artista emerxente G-Face e producida por Juan Guevara. É, nas súas propias palabras, “un antoxo galego mexicano, un abrazo entre culturas”.
 
A cantante é ademais unha das artistas polas que o Concello de Sober ten optado en diferentes celebracións, como as Festas do Carme de setembro, nas que participou en máis dunha ocasión.
 
Traxectoria
Lucía Pérez leva máis de 20 anos de carreira, ten sete discos publicados e foi representante de España no Festival de Eurovisión e en Viña del Mar. É unha artista moi recoñecida en Galicia, así como a nivel nacional e internacional grazas aos numerosos concertos que ten realizado ao longo da súa carreira e á súa presenza destacada na televisión. Un rostro coñecido para todos os galegos e galegas e unha cantante próxima e moi querida polo público.
 
O Incio terá dobre protagonismo nesta edición da XVL Feira do Viño de Amandi, posto que, ademais de ser o lugar de nacemento da pregoeira, será o concello homenaxeado este ano.
 
Presentación da Feira
O vindeiro sábado 15 de marzo darase a coñecer na capela de Portabrosmos a programación do Mes do Amandi, o programa completo de actividades da XLV Feira do Viño de Amandi e o cartel anunciador, obra de Rubén Lucas García.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com