SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
RUBÉN LUCAS GARCÍA GAÑA O CONCURSO DE CARTEIS DA XLV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober vén de fallar o concurso do cartel que anunciará a XLV Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 11, 12 e 13 de abril, coincidindo como é habitual coa fin de semana do Domingo de Ramos.
 
O xurado, formado por técnicos municipais, elixiu entre unha vintena de propostas chegadas de diferentes puntos do Estado. Ademais dos orixinais de Sober, Monforte ou Chantada, tamén se recibiron carteis das outras tres provincias galegas. De fóra de Galicia, chegaron propostas de Murcia, Madrid ou A Rioxa. Tamén chegou unha proposta desde Francia. O grupo máis numeroso chegou da propia Comunidade.
 
A proposta gañadora foi a titulada ‘Pandeireta’ da autoría de Rubén Lucas García. O autor do cartel ten gañado numerosos certames en toda España, tamén en Galicia onde os seus orixinais anunciaron festas como o Arde Lucus, a Festa do Queixo de Arzúa ou a Feira do Viño de Monterrei, entre outros.
 
Premios
O gañador recibirá por vez primeira 800 euros, e unha peza de Gundivós personalizada, e o seu cartel será a imaxe da XLV Feira do Viño de Amandi. Todos os carteis presentados formarán parte dunha exposición que se poderá visitar na Casa da Cultura.
 
Presentación do cartel
O deseño que anunciará a Feira do Viño de Amandi será presentado oficialmente o sábado 15 de marzo na capela de Portabrosmos, data na que se dará a coñecer a programación do mes do Amandi e o programa de actividades da XLV Feira do viño de Amandi. Este ano de novo a feira dará comezo na xornada do venres pola tarde.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com