SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER DEDÍCALLE A RÚA DO COLEXIO A MARUJA MALLO, CON RACÍES NO MUNICIPIO



O Pleno celebrado esta semana en Sober acordou a proposta da Alcaldía dedicarlle a rúa do colexio, ata o de agora sen nome, á pintora Maruja Mallo polas súas raíces no municipio, en concreto co lugar de Naz, parroquia de San Martiño de Anllo. A proposta foi aprobada por unanimidade.
 
Polo que se sabe, o seu avó materno, José González, máis coñecido como Pepito, ferreiro de profesión, naceu e medrou na aldea de Naz, ata que emigrou a Vigo.
 
Alí casou con Emilia Lorenzo e chegou a ser alcalde do desaparecido concello de Lavadores, que na actualidade está integrado no municipio vigués. Do matrimonio nacería María González Lorenzo, nai da pintora. Esta casou en Vigo co madrileño Justo José Gómez Mallo, unión da que naceu na cidade de Viveiro Ana María Manuela Isabel Gómez y González, nome completo de Maruja Mallo.
 
Acto de homenaxe
O próximo día 6 de febreiro cúmprense 30 anos do seu falecemento. Coincidindo con esta efeméride, o Goberno local ten previsto facer un acto de homenaxe co alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme no que participarán especialistas na vida e obra da artista.
 
Unha placa co seu nome
O alcalde, Luis Fernández Guitián, tamén explica que xa se porá unha placa co seu nome para sinalizar o nome da rúa e honrar así memoria desta artista de recoñecemento internacional. Previsiblemente inaugurarase no Mes do Amandi.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com