|
|
NOVAS |
LUIS ALEJANDRO GARCÍA OFRECE O SÁBADO UN CONCERTO DE GUITARRA EN SOBER
O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade organizan para este sábado 26 de outubro un concerto de guitarra con Luis Alejandro García no marco do ciclo ‘Música no Outono’. A actuación, que será de balde, terá lugar no Centro Sociocultural ás 19:30 horas.
O internacionalmente laureado guitarrista Luis Alejandro García, presenta ‘Ensoño’, un repertorio repleto de beleza, fantasía e soños, creados a partir das seis cordas dunha guitarra romántica, réplica dunha Coffe–Goguette de mediados do século XIX. Ou oínte será trasladadode pleno ao Romanticismo, a través de composicións de Fernando Sor, Napoléon Custo, Giulio Regondi ou Mauro Giuliani, nas que a ilusiónserá sempre a premisa fundamental.
Luis Alejandro García foi encomiado pola crítica internacional como “un extraordinario narrador musical” (L’Area dei Verona), e é un dos guitarristas españois máis laureados da súa xeración, como testemuñan os seus máis de 40 premios internacionais, entre eles os primeiros premios no Concurso Internacional de Guitarra de París (Francia), o Concurso Internacional de Viseu (Portugal), o Premio “O Primeiro Palau” (España) ou o do Festival Internazionale dei Chitarra “Gemona do Friuli” (Italia).
En continuo crecemento, a súa carreira levouno a debutar en espazos tan insignes como o Musikverein de Viena, o Palau da Música Catalá, o Teatro Monumental ou o Auditorio Alfredo Kraus, e as súas xiras alcanzaron numerosos países de Europa e América , onde ofreceu centenares de recitais.
Os seus próximos compromisos inclúen xiras por diferentes lugares de España, Francia, Italia, EEUU, Brasil, México ou Arxentina. É titulado en Guitarra polo CSMC con Matrícula de Honra, así como en Musicoloxía co Premio Extraordinario de Fin de Carrera. Formouse con Leo Brouwer, David Russell, Zoran Dukic ou Carlo Marchione , entre outros. En 2017 completou os seus estudos de máster con matrícula de honra na Esmuc de Barcelona, baixo a tutela de Àlex Garrobé. Luis Alejandro García toca con guitarras de Vicente Carrillo e é artista esponsorizado por Knobloch
Strings.
Programa
Le Départ, Fantaisie Dramatique, Op.31 N. Coste (1805–1883)
Rêverie, Nocturne, Op.19 G. Regondi (1822–1872)
Fantasie Élégiaque, Op. 59 F. Sor (1778–1839)
Rossiniana Nº1, Op.119M. Giuliani (1781–1829)
|
|
|
|
|
|