|
|
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER CELEBRA OS DÍAS 11 E 12 DE AGOSTO A XXVII FEIRA DA ROSCA, MEL E OUTROS PRODUTOS DA RIBEIRA SACRA E O VI TÚNEL DO VIÑO DE AMANDI
O Concello de Sober celebra os días 11 e 12 de agosto a XXVII Feira da Rosca, Mel e Outros Produtos da Ribeira Sacra e o VI Túnel do Viño de Amandi.
A celebración comeza o domingo día 11 de agosto coa inauguración ás 18:00 horas do VI Túnel do Viño de Amandi, a cargo de Vinosacra.es. Trátase dun evento no que participan 25 adegas e 50 referencias de viños da subzona de Amandi e Sober que se poden degustar nunha carpa instalada na Praza do Concello. Colabora co evento a empresa cárnica lucense Torre de Núñez.
O horario do Túnel do Viño de Amandi será de 18:00 horas a 22:00 horas o domingo e de 11:00 a 15:00 horas o luns.
O domingo ás 21:00 horas actuará o grupo Deuce.
Luns 12 de agosto
O luns día 12 de agosto a programación dará comezo ás 10:00 horas co disparo de bombas de palenque.
Ás 10:15 horas farase a apertura dos postos de rosca, mel e outros produtos da Ribeira Sacra.
Ás 11:00 horas haberá unha demostración de talla con motoserra a cargo de Eugenio Linares. Entre as 11:00 e as 13:00 horas haberá un obradoiro de feltro para todos os públicos a cargo de Ovella Viva.
Ás 12:00 horas terá lugar a actuación do Grupo Os Falcatrueiros.
Ás 13:00 horas farase a tradicional degustación gratuíta de 2.000 racións de rosca de Sober con queixo coa colaboración de Queserías Prado.
|
|
|
|
|
|