SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
REDES LILAS AGRUPOU PRETO DE 40 MULLERES NUNHA ANDAINA A TRAVÉS DOS MIRADOIROS DO CONCELLO DE SOBER



A penúltima actividade da programación dos Servicios Socias do Concello de Sober, ‘Redes Lilas’, foi realizada o pasado sábado 25 de maio. Coa premisa ‘Nós trazamos o camiño’, o proxecto local, creado polas traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, organizou para as mulleres inscritas unha ruta de dificultade moderada e 4,5 kilómetros de distancia. 
 
As participantes saíron ás 11:30 da mañá do miradoiro da Cividade cara o do Boqueiriño, ao que chegaron ás 12:15 horas e onde seguiron a desfrutar das vistas do Canón do Sil mentres realizaban un descanso. As sendeiristas puxeron rumbo ao punto de partida, compartindo durante todo o camiño conversas e o deleite da contorna natural. 
 
Unha vez alí, provistas de vasos e platos de cartón, compartiron bebidas, empanadas e tortilla procedentes de comercios e locais de restauración de Sober. Alimentos e vaixela foron preparados e proporcionados pola educadora social Selene Arias Sáez e o Concello de Sober.
 
Moitas e moi diferentes
A actividade, con preto de 40 mulleres anotadas, estivo completamente adaptada á variedade de perfís existentes no espectro feminino. Acción e ambiente adecuáronse a toda diversidade posible, dende a modulación do impacto físico da ruta ata a atención á conciliación cos coidados, xa que tanto menores como mascotas foron benvidas.
 
O deporte foi a quinta aposta do proxecto co obxectivo de crear un espazo para a muller e traballar os vínculos relacionais entre descoñecidas e coñecidas. Coa suba da participación, contando con persoas de concellos veciños e unha muller de Suíza recentemente residente en Monforte de Lemos, ‘Redes Lilas’ está a logar tecer unha rede de apoio e referencia.
 
A última proposta do calendario consistirá na elaboración dun mural artístico cunha mensaxe relacionada co discurso feminista nas instalacións do Concello de Sober. O grupo feminista recorda a súa total apertura á suma de mulleres ao grupo, que conta cun espacio tamén a través de WhatsApp e unha conta de Instagram (@redes.lilas).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com