SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME DE SOBER CELEBRA OS SEUS 50 ANOS CUN XANTAR DE CONFRATERNIDADE



 
O CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober celebra os seus 50 anos de historia cun xantar de confraternidade que vai ter lugar o 30 de xuño no pavillón do Colexio.
 
Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270 alumnos e alumnas. Na actualidade hai matriculados 64 nenos e nenas. Se ben o centro foi creado en 1973, non comeza a funcionar como colexio ata que integrou as escolas unitarias das parroquias, no ano 1974.
 
Desde o centro convidan a asistir a esta celebración a todas aquelas persoas que formaron ou forman parte da comunidade educativa: alumnos e alumnas, ex-alumnos e ex-alumnas, mestres e mestras, ex-mestres e mestras, persoal non docente, etc.
 
Durante o evento haberá exposicións de fotos antigas e tamén actuacións musicais.
 
As entradas poden retirarse no Centro Sociocultural, na Casa do Concello ou no Colexio.
 
Os adultos pagarán 24 euros, 12 euros os nenos e nenas de 6 a 12 anos. Para os menores de cinco anos o xantar será gratis. O 26 de xuño é a data límite para recoller as entradas.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, anima a participar neste aniversario do Colexio “un dos nosos símbolos e o espazo de formación e de encontro de todos os nenos e nenas  de Sober do último medio século”.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com