SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
SOBER CONTARÁ COAS PRIMEIRAS CABANAS DE MADEIRA NUN BOSQUE EMBRUXADO CON ESCULTURAS



O Concello de Sober contará na vindeira primavera coas primeiras cabanas de madeira que se constrúan nun bosque embruxado con esculturas pensadas para o público familiar. O Concello de Sober concederá a licenza de obra nos vindeiros días para que poidan dar comezo os traballos.
 
O promotor desta iniciativa de cámping na natureza, o empresario local Rubén Vázquez, decide poñer en marcha este proxecto de ‘As Cabanas do Sil’ no lugar de Santa Marta, na parroquia Barantes onde, nunha primeira fase da iniciativa se van instalar tres cabanas de madeira con capacidade para 12 persoas.
 
Turismo familiar
A novidade da proposta reside no lugar de emprazamento das cabanas, un bosque  autóctono de carballos, castiñeiros centenarios e bidueiros moi próximo ao Canón do Sil onde os protagonistas serán os trasgos, elfos e animais autóctonos, que buscan converterse nun atractivo para familias con nenos e nenas.
 
As tres edificacións serán construídas integramente en madeira e disporán de todas as comodidades; como cociña, baño e terraza. Tamén terán calefacción e aire acondicionado. A súa construción farase respectando a paisaxe e a natureza e tratando de integrar as casas na contorna. A parcela sobre a que se asenta o proxecto conta con 12.000 metros cadrados de superficie. Outra das novidades é que serán cabanas temáticas.
 
O rexedor do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, agradécelle ao promotor esta iniciativa que traerán á localidade “as primeiras cabana de madeira integradas nun bosque con esculturas da Ribeira Sacra”, o que vén a ampliar a oferta turística da que xa dispón a localidade.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com