|
|
NOVAS |
JUAN MATÍAS OFRECE UN CONCERTO DE ACORDEÓN O SÁBADO EN SOBER
O acordeonista Juan Matías ofrece o sábado un concerto en Sober, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural con entrada de balde. A actuación enmárcase na Primavera Musical organizada polas Xuventudes Musicais da localidade en colaboración co Concello e leva por título ‘A través do reflexo’. Juan Matías é compositor residente da tempada 23-24 da Red de Músicas, un circuíto musical que vai por todo o país a través de máis dun centenar de Asociacións Locais de Mocidades Musicais. Forman parte deste circuíto os novos intérpretes gañadores do Concurso Permanente e tamén os premiados doutros concursos de Mocidades Musicais. Programa Preludio y fuga en si mayor, BWV 868 - J.S. Bach (1685-1750) De Profundis - S. Gubaidulina (1931-) Étude sur le Chiquilin de Bachin - A. Piazzolla (1921-1992) Nostalgia - J. Guiridi (1886-1961) Gernika - Gorka Hermosa (1976-) Espejismos del alba - Adrian Mokanu (1994-)* Aragón - I. Albéniz (1860-1909)
|
|
|
|
|
|