SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
UN MOZO CON RAÍCES EN SOBER INTEGRANTE DO EXÉRCITO DE TERRA PARTICIPA NA CAMPAÑA ANTÁRTICA ESPAÑOLA



O mozo Pablo Álvarez Balsa, ourensá e fillo dun soberino, participa co Exército de Terra na campaña antártica española como capitán de transmisións.
 
Pablo Álvarez, que actualmente reside en Zaragoza por motivos laborais, estivo toda a súa infancia vinculado á Banda de Música de Sober e mantén numerosas amizadas na localidade.
 
O mozo está destinado no centro de comunicacións de Jaca, e por esa experiencia en terreos fríos e montañosos, foi seleccionado para formar parte da XXXVII Campaña Antártica do Exército de Terra como encargado das comunicacións da Base Antártica Española ‘Gabriel de Castilla’.
 
A misión do equipo que viaxou á Illa Decepción en decembro, a 13.000 km de España, é dar apoio loxístico aos científicos que levan a cabo proxectos de investigación na Antártida. En concreto, encárganse do mantemento da base, alimentación, acompáñanos nos seus desprazamentos para darlles seguridade, e, no seu caso, ocúpase de prover servizos de Internet e teléfono, indispensables hoxe en día.
 
A misión partiu de España o 22 de decembro, pasaron a Noiteboa en Ushuaia (Arxentina), que é a cidade na que collen o buque Hespérides para partir cara a Illa Decepción. Chegaron á base o 31 de decembro e teñen prevista a volta para o 6 de abril, en total máis de 100 días fóra da casa.
 
Álvarez Balsa recoñece que a preparación previa foi intensa, “posto que estamos sos e temos que saber facer un pouco de todo. Comezamos en abril cunha fase de movemento en montaña en Panticosa, na miña área aprendemos a usar as radios, os satélites e todos os aparellos que traemos. Tamén fixemos una fase de navegación no Grove, onde aprendemos a manexar as embarcacións que usamos na illa para movernos”, explica.
 
Trátase da súa segunda misión militar, a primeira foi en 2019 no Líbano como encargado da seguridade da información.
 
O Goberno local do Concello de Sober deséxalle moita sorte nesta misión, da que asegura o alcalde, Luis Fernández Guitián, “estaremos moi pendentes”.
 
Campaña de apadriñamento de pingüíns
No marco do seu traballo, o vindeiro 1 de marzo, Pablo Álvarez, fará unha videoconferencia co alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober para informalo sobre a campaña antártica de apadriñamento de pingüíns, totalmente gratuíta, que permite adoptar aos animais de Isla Decepción para facer da terra un lugar máis limpo, coidado e saudable coa natureza.
 
O pingüín que se apadriñe conseguirá sobrevivir e converterse nun pingüín adulto, capaz de procrear e coidar dos seus pitos cumprindo así una das fases do seu ciclo vital.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com