SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
LUCÍA RODRÍGUEZ, XORNALISTA E PRESENTADORA DE TELEVISIÓN CON RAÍCES EN SOBER, SERÁ A PREGOEIRA DA XLIV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober deu hoxe a coñecer o nome da persoa que se encargara de pronunciar o pregón da XLIV Feira do Viño de Amandi. A persoa elixida é a xornalista e presentadora de televisión Lucía Rodríguez, unha moza que se define como “100% Ribeira Sacra”, posto que o seu pai é de Sober, de Neiras, e a súa nai de Castro Caldelas.
 
O alcalde de Sober asegura que “é unha gran embaixadora do noso Concello, polo que estamos moi contentos de que estea con nós no maior escaparate dos nosos viños, o Amandi”.
 
A súa traxectoria
Ao longo da súa traxectoria profesional traballou como reporteira en Antena 3 Noticias e Telemadrid para posteriormente volver a Galicia e comezar a presentar programas na Televisión autonómica. Entre eles, Desexos Cumpridos, Aquí Galicia, Que nos pille Rebolando, Comando G, Sabadeando e, actualmente, Xente Marabillosa, polo que este 2024 recolleu o Premio Iris da Academia da TV en Madrid.
 
Ademais de programas diarios ou semanais, tamén presentou galas especiais, como a do 25 de Xullo – Día de Galicia- ou a de Fin de ano ao longo de máis de 10 anos de traballo en Galicia.
 
No ano 2020 comeza a súa andaina como empresaria en Ourense poñendo en marcha una axencia de márketing e publicidade, SOComunicación. Xunto ao seu socio, contan xa con 10 persoas e con clientes espallados por toda Galicia aos que dan servizo de comunicación, redes sociais, web, produción audiovisual, eventos e outros traballos deste sector.
 
En paralelo, desfruta moito de conducir eventos, entregas de premios ou inauguración, ademais de dedicar cada vez máis tempo ás súas redes sociais dende as cales crea contido para diversas marcas e campañas concretas. “O que comezou coma unha afección tense convertido en parte da profesión”, explica.
 
No tempo libre, practica deporte, pasa tempo coa familia e amigos e desfruta da gastronomía. Lucía confesa que a súa debilidade nas tardes solleiras da primavera ou do verán é facer rutas en moto pola Ribeira Sacra e perderse polos miradoiros da contorna do Miño e do Sil.
 
Cartel, programa da Feira e Mes do Amandi
O Concello de Sober dará a coñecer este sábado no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, o cartel anunciador da XVIL Feira do Viño de Amandi, obra de Eduardo Pérez Baamonde, así como a programación do Mes do Amandi e o programa de actividades da Feira, que este ano se vai celebrar os días 22, 23 e 24 de marzo.
 
 
 
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com