SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER GABA A RECUPERACIÓN DO ENTROIDO TRADICIONAL DE BOLMENTE POR PARTE DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS



O Concello de Sober gaba a recuperación do Entroido tradicional de Bolmente por parte dos seus veciños e veciñas. Este ano decidiron recuperar os carraboleiros e as señoritas, personaxes típicos do Entroido que había 50 anos que non saían desfilar.
 
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o Entroido deste ano na localidade, “ademais de contar con máis participación ca nunca, recuperou uns célebres personaxes que se crían perdidos e que volven despois de 50 anos”.
 
O entroido de Bolmente foi, hai anos, xunto co de Proendos, dos máis importantes da Comarca.
 
Toda unha tradición
Carraboleiros e señoritas formaban parte daquelas míticas comparsas que recorrían os lugares da parroquia de Bolmente, xuntamente cos maragatos, vellos e vellas, que remataban a velada nun lugar emblemático da parroquia chamado “o corno do boi”, bebendo Amandi, doces típicos, bailando e cantando.
 
O rexedor agradécelles aos veciños e veciñas de Bolmente o seu traballo para recuperar estes personaxes propios do Entroido de Sober, que son As señoritas e carraboleiros de Bolmente. De feito, ademais de gañar o primeiro premio do concurso de disfraces que se celebrou na localidade o sábado, tamén conseguiron premio no de Monforte.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Accesibilidad · Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com