SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
‘BERTEAU ENSEMBLE’ OFRECERÁ UN CONCERTO O SÁBADO EN SOBER NO MARCO DA PRIMAVERA MUSICAL



A ‘Primavera Musical’ organizada polas Xuventudes Musicais e o Concello de Sober trae á localidade a actuación de ‘Berteau Ensemble’ formado por Pablo Pérez, Martín Egidi e Irene González. A actuación será o sábado día 29 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.
 
‘En Bologna e en París’ é un programa que xira en torno ao Violoncelo a finais do século XVII e durante todo o século XVIII. Sendo un instrumento relativamente moderno, é neste período cando máis se desenvolve a técnica, florece o repertorio e establécese definitivamente como instrumento indispensable na música de cámara e de orquestra ata a actualidade. 
 
O repertorio céntrase na obra dos primeiros grandes virtuosos da orquestra da basílica de San Petronio en Bologna: Gabrielli, Jacchini, Bononcini, etc. así como da escola francesa creada por Berteau “Lle Célèbre BERTEAU qui a fait époque et dont a reputation subsiste encore, peut être considéré comme lle créateur du Violoncelle” (Duport, 1805, p.145) e continuada polos irmáns Jean-Pierre e Jean-Louis Duport.
 
Berteau Ensemble xorde dunha paixón compartida pola música antiga e a interpretación histórica. Martin Egidi, violoncello (Lausana, Suíza), Irene González Roldán, clave (Sevilla) e Pablo Pérez, violoncello (Madrid) coñécense na Schola Cantorum Basiliensis, prestixiosa institución educativa de música antiga en Suíza, onde colaboran habitualmente en diferentes formacións.
 
En Basilea cursan estudos de posgraduado na clase de grandes mestres como Christophe Coin e Andrea Marcon. Ao mesmo tempo, están a construír unha prometedora e versátil carreira como solistas, músicos de cámara, de orquestra e pedagogos. Son unha das xeracións mellor formadas e máis capacitadas que se van abrindo paso no panorama nacional e internacional.
 
Programa
D. Gabrielli: Sonata à Violloncello solo, con il Basso Continuo
 
G.M. Jacchini: Sonata à Violoncello Solo, Op. 1 nº 8
 
D. Gabrielli: Sonata à Violoncello solo, con il suo Basso Continuo
 
F. Geminiani: Sonata pour le Violoncelle et Basse Continue, Op. 5 nº 1, H.103
 
M. Berteau: Sonata da Camera a Violoncello Solo col Basso Continuo, nº 1
 
J.P. Duport: Sonata pour le Violoncelle, Op. 4 nº 5
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com