SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN SERÁ O PREGOEIRO DA XLIII FEIRA DO VIÑO DE AMANDI



O Concello de Sober anuncia que o cómico Xosé Antonio Touriñán será o encargado de ofrecer o pregón da XLIII Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril.
 
O pregón será o día 2 de abril, Domingo de Ramos, ás 13:00 horas na Praza do Concello.
 
Xosé Antonio Touriñán é humorista, actor e presentador. Coñecido polo dúo que formaban Nucha e Mucha e pola súa participación no programa Land Rober da TVG, entre outros moitos papeis, é un dos personaxes televisivos e do teatro do momento.
 
O Concello de Sober elixe este ano a un humorista con recoñecida traxectoria, que xa estivo nunha Feira do Viño cun espectáculo a cargo do dúo formado por Nucha e Mucha, as Cantareiras de Ardebullo, que fora enormemente aplaudido polo público.
 
Agora terán a oportunidade de velo de novo, pero esta vez como pregoeiro da XLIII Feira do Viño de Amandi.
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com