|
 |
NOVAS |
O CONCELLO DE SOBER RECUPERA O SEU TRADICIONAL BAILE DA CACHUCHA E O CONCURSO DE ENTROIDO O 18 DE FEBREIRO

O Concello de Sober organiza o vindeiro 18 de febreiro o seu tradicional Baile da Cachucha, que este ano celebra a súa XV edición recuperando o formato que tiña antes da pandemia. Ese mesmo día, haberá desfile de comparsas polas rúas de Sober a partir das 17:00 horas.
A partir das 18:00 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos e todas os asistentes no pavillón municipal.
Ás 19:30 horas dará comezo o desfile de disfraces con premios para as mellores máscaras nas categorías de comparsas, parellas e individuais. O Concello de Sober ten confirmada a participación dunha comparsa con máis de 100 compoñentes.
A partir das 20:00 horas haberá degustación de cachucha e viño.
Previamente, o día 9 de febreiro celebrarase o xoves de compadres e o 16 de febreiro o xoves de comadres.
|
|
|
|
|
|