O CONCELLO DE SOBER É UN DOS 38 CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DO PROXECTO ILUMIN@ FINANCIADO NUN 80% POR FONDOS FEDER E NUN 20% POLA DEPUTACIÓN DE LUGO


PROXECTO ILUMIN@: Actuación cofinanciada nun 80% polo Programa de Subvencións para proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, asumindo o restante 20% a Deputación de Lugo con fondos propios.

DESCRICIÓN DO PROXECTO ILUMIN@:
Con data 16 de xullo de 2019 o IDAE notifica á Deputación de Lugo a RESOLUCIÓN FAVORABLE en virtude da cal o Proxecto ILUMIN@ obtivo a axuda solicitada na convocatoria regulada polo Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, pola que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020. Dita convocatoria foi publicada no BOE do 17 de xuño de 2017. No Proxecto ILUMIN@ participan 38 concellos da Provincia de Lugo.
Real Decreto 1516/2018, do 28 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, ampliando o seu orzamento e vixencia.
Real Decreto 316/2019, do 26 de abril, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
Real Decreto 1185/2020, do 29 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 616/2017, do 16 de xuño, polo que se regula a concesión directa de subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020.
O proxecto ILUMIN@ está encadrado no Obxectivo Específico: OE 431-Eficiencia enerxética na edificación e nas Infraestruturas e servizos Públicos: Medida 6 Renovación das instalacións de iluminación, iluminación e sinalización exterior.
O obxectivo principal deste proxecto será a redución do gasto enerxético en, polo menos, un 30% mediante o uso de lámpadas con tecnoloxía LED, obtendo unha clasificación enerxética A ou B, segundo as bases do R.D. 626/2017.
O importe total do proxecto ILUMIN@ é de 722.590,36 €, sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 578.072,26 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 144.518,10 €.
O CONCELLO DE SOBER, É UN DOS 38 CONCELLOS QUE FORMAN PARTE DESTE PROXECTO
O importe total da actuación do concello de SOBER é de 22.824,16 € sendo o cofinanciamento do FEDER dun 80% 18.259,33 € asumindo a Deputación de Lugo o restante 20% con fondos propios 4.564,83 €.
DESCRIPCIÓN DE LAS ACTUACIONES REALIZADAS EN EL AYUNTAMIENTO DE SOBER:

CONSECUENCIAS ENERXÉTICAS DA ACTUACIÓN:

INDICADORES DE PRODUCTIVIDADE APLICABLES INCLUIDOS NO EIXE DE ECONOMÍA BAIXA EN CARBONO DO POCS CORRESPONDENTES AO PROXECTO ILUMIN@

|