SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO E AS XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER PROGRAMAN UN CONCERTO DO SOPRANISTA RAFAEL QUIRANT PARA O DOMINDO DÍA 13



O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade programan un concerto para este domingo día 13 de novembro a cargo do sopranista Rafael Quirant. O recital, aberto ao público, será ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
 
Os mozos Rafael Quirant Porcar (sopranista) e Jezabel Esbrí Rodríguez (piano) convídannos a un agradable percorrido entre os máis destacados compositores do barroco e bel canto. O programa fai un percorrido con arias de Monteverdi, Händel e Vivaldi ata chegar a pezas de compositores belcantistas como Verdi e Rossini. E tal vez ao final mesmo haxa algunha que outra sorpresa…
 
Rafael Quirant Porcar (Valencia, 1996), bisneto da soada soprano Carmen Tur, conta cun extenso repertorio barroco, tamén con repertorio belcantista, canción española e de oratorio.
 
Foi alumno de Ricardo Castelló, e ao finalizar os seus estudos universitarios ingresou no conservatorio profesional de música “Francesc Penyarroja” de Vall d’Uixó. Actualmente é alumno do conservatorio "Joaquin Rodrigo" de Valencia, onde recibe clases por parte de Ofelia Sala. Recibiu consellos e masterclass de Aurelio Viribay, Carles Budó, Carlos Chausson, Robert Expert, Nancy Fabiola Herrera, Miquel Ortega, Xavier Sabata, Isabel Rey e Mariella Devia.
 
Foi gañador do 101 Concurso de Mocidades Musicais de España, no que xa resultara finalista na súa 95ª convocatoria, e finalista no concurso de ópera Ciudad de Albacete. É membro da compañía artística Marenartists, e traballou con artistas de primeiro nivel aos cales acompañou en varios escenarios a nivel comarcal e nacional, destacando a produción de Amadigi dei Gaula de Händel onde cantou no Auditorio Nacional e o auditorio de Cataluña, xunto a Vespres d’Arnadí baixo a batuta de Dani Espasa, con Xavier Sabata, Nuria Rial e Sabina Puértolas no elenco. É tamén membro do grupo barroco Il dolce incontro, que traballa incansablemente para facerse un oco entre os máis destacados grupos barrocos a nivel nacional.
 
Programa
Georg Friedrich Haendel: Serse, obertura (piano solo)
 
Claudio Monteverdi: Ecco l’atra palude, de Orfeo
 
Antonio Vivaldi: Vedro con mio diletto, de Il Giustino
 
Giacomelli-Vivaldi: Sposa son disprezzata, de Bajazet “Sposa son disprezzata” (6’)
 
Georg Friedrich Haendel: Serse (selección): Per rendermi beato / Crude furie
 
Vicenzo Bellini: Ah non credea mirarti, de La Sonnambula (piano solo)
 
Gioachino Rossini: Canzonetta spagnuola
 
Vicenzo Bellini: Arie di camera (selección): Malinconia / Il férvido Desiderio / Vaga luna che in argenti
 
Gioachino Rossini: Giovanna d’Arco (cantata a voce sola e pianoforte).
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com