SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O PROGRAMA MÚSICA NO OUTONO TRAE A SOBER O SÁBADO Á ACORDEONISTA MARTA CUBAS



O Concello de Sober, en colaboración coas Xuventudes Musicais de Sober, bota a andar o sábado o programa Música no Outono cun concerto da acordeonista Marta Cubas. Este concerto recolle obras que mostran algúns dos diferentes estilos que atravesou a música, embarcándonos nunha viaxe espazo-temporal que comeza en Nápoles ao redor do 1700 e finaliza en Nova York no S.XXI, percorrendo épocas que van desde o Barroco ata o Contemporáneo. Nesta travesía vense reflectidos os cambios nas técnicas compositivas e como se vai xerando unha necesidade de innovación a través dos recursos sonoros dos instrumentos.
 
A actuación será no Centro Sociocultural de Sober a partir das 20:00 horas con entrada gratuíta.
 
Marta Cubas
Marta Cubas Hondal (2002) é unha acordeonista que destaca pola súa gran capacidade de comunicación, sensibilidade e virtuosismo, cun amplo repertorio que abarca desde o barroco ao contemporáneo. Compositores como Alejandro Vivas, Alexander Yasinski ou Gorka Fermosa escribiron concertos expresamente para ela, estreados con orquestras como a Orquestra Metropolitana de Madrid, Nova Orquestra Sinfónica Ataúlfo Argenta ou a Nova Orquestra Sinfónica de Salamanca. Ofreceu recitais no Palacio de Festivais de Santander, no Festival de Camargo, e foi convidada pola Embaixada de España en Turquía para realizar un recital en Istambul.
 
Marta foi galardoada en máis dunha vintena de certames, destacando o Certame Nacional Intercentros Melómano, Concurso Mocidades Musicais de España, Concours Internacional Accordéons-nous (Mons), Trofeo Mundial de Acordeón (Portimao), Concurso Nacional de Novos Intérpretes Ciudad de Cuenca, Concurso Instrumental Sant Anastasi de Lleida ou o Certame Guipuscoano de Acordeón de Arrasate na categoría maior de 18 anos, converténdose na súa gañadora máis nova.
 
Na súa faceta camerística destaca o dúo que mantén xunto coa súa irmá Cristina Cubas, violinista, coa que, ademais de gañar o primeiro premio no Concurso Sant Anastasi (Lérida), realizou unha xira de concertos acompañándoa como gañadora do “XIII Certame Nacional Intercentros Melómano” en Clásicos de Verán, Festival FIAPMSE (Selecta), Fundación Botín ou o Festival Internacional de Panticosa, entre outros, e coa que gravou o CD Vínculos.
 
Programa
Domenico Scarlatti: Sonata en Fa menor K386
 
Zuriñe F. Gerenabarrena: Izpi
 
Alfred Schnittke: Suite Fairy Tale (selección)
 
Antonio Soler: Sonata en Re menor No. 117
 
Martin Lohse (1971-): Passing III
 
Isaac Albéniz: Aragon, de Suite Española Op.47
 
John Zorn: Roadrunner
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com