SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS DOUS SERVIZOS DE CONCILIACIÓN: MADRUGADORES E LUDOTARDES



O Concello de Sober volve poñer en marcha para este curso 2022/2023 o servizo ‘Concilia’ para a atención do alumnado antes e despois da xornada ordinaria lectiva de forma gratuíta para as familias. O prazo de inscrición xa está aberto e pode formalizarse no departamento de Servizos Sociais ou no propio CEIP Virxe do Carme.
 
Trátase dun servizo de axuda ás familias dos alumnos e alumnas matriculadas neste curso no colexio de Sober que necesiten ou desexen que os seus fillos e fillas entren antes ou saian máis tarde do colexio. Os nenos e nenas participantes estarán atendidos por profesionais que coordinarán distintas actividades.

O servizo de madrugadores atenderá aos escolares antes do horario ordinario e funcionará en horario de 7:45 a 9:30 da mañá no que o profesional se encargará da atención aos alumnos realizando diversas actividades que axudarán aos nenos e nenas a comezar o día da mellor maneira a través de xogos, actividades de lectura, debuxo, etc.

E xa polas tardes ofrecerase un servizo de ludotardes no que os nenos e nenas poderán aproveitar para compartir cos seus compañeiros xogos e actividades antes de ser recollidos polas súas familias. O horario destas ludotardes será de 15:45 a 17:30 horas.
 
Desde o Goberno local recoméndase inscribir aos nenos aínda que non vaian facer uso do servizo de xeito regular, posto que cando precisen botar man del xa teñen os trámites feitos.
 
Sober, único Concello da comarca cos dous servizos
O alcalde, Luis Fernández Guitián, explica que “este servizo favorece a conciliación laboral e familiar ao mesmo tempo que afonda na aprendizaxe dos nenos e nenas e lles permite divertirse cos compañeiros e compañeiras” e , polo tanto, anima ás familias que o precisen a inscribir aos nenos e nenas.
 
O rexedor destaca que “Sober é o único Concello de toda a comarca que conta cos dous servizos de atención ao alumnado tanto o de ‘Madrugadores’ coma o de ‘Ludotardes’.
  
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com