SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER PRESENTA O LUNS 27 O PROXECTO ‘INMARCESIBLES’, UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA SOBRE A BELEZA REAL FEMININA



O  Concello de Sober presenta o luns día 27 o proxecto Inmarcesibles, unha exposición fotográfica sobre a beleza real feminina. Será no Centro Sociocultural con entrada libre ás 20:00 horas.
 
Con este proxecto o Goberno local afonda nas actividades a prol da igualdade e pretende realzar a auténtica beleza, mostrando o sexo feminino tal é como é e non como pretenden que sexa.
 
“Queremos que aquilo que a nosa sociedade ve e transmite como defectos e complexos se perciba como o que verdadeiramente é, o corpo de todas as mulleres, a súa realidade”, explican desde o Concello.
 
Inmarcesibles invita a reflexionar sobre a exclusión invisible que experimenta o sexo feminino cando falamos do seu físico. Exclusión porque nos ensinan que o corpo da muller debe ser o máis parecido posible ao canon de beleza establecido, loitando para conseguir encaixar neses parámetros e rexeitando se non o logran; e invisible porque dita ensinanza non se transmite de forma directa, pois é silenciosa e sutil, maquillándose baixo a premisa de que a muller debe ser libre e ha de estar preocupada por unha axeitada saúde física e mental.
 
“Con este proxecto non queremos manifestar que ser e estar guapa é malo e prexudicial, senón que o é a obriga de ter que estalo”, precisan.
 
Agradecemento ás participantes
Para conseguir este obxectivo, o Concello de Sober contou coa participación libre e desinteresada de diversas mulleres que quixeron mostrarse tal e como son, defendendo todo tipo de corpos femininos e reivindicando a súa aceptación.
 
Esta actividade está financiada pola Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, dentro das transferencias para o desenvolvemento de novas e ampliadas competencias reservadas as entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e a súa planificación e elaboración executouse dende os Servizos Sociais do Concello de Sober coa colaboración da fotógrafa María Fernández.
 
A mostra poderase visitar no Centro Sociocultural de Sober ao longo de varias semanas.
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com