SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER CONVOCA A BOLSA INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA ‘PINTOR DE CASTINANDI’



BASES EN GALEGO
BASES EN CASTELLANO

O  Concello de Sober convoca a Bolsa Cultural Internacional ‘Pintor de  Castinandi’ para o verán 2022 cuxo obxectivo é impulsar crecemento cultural a nivel internacional, fomentar o estudo e facilitar o desenvolvemento persoal dun fotógrafo/a. A persoa seleccionada poderá asistir de maneira gratuíta ao taller de verán de fotografía: ‘Escuridade, luz e relato’, impartido polo prestixioso fotógrafo, Paulo Nozolino na Casa Grande de Rosende entre o 3 e o 8 de xullo.
 
Que é a beca cultural internacional ‘Pintor de Castinandi’?
Son formacións culturais internacionais destinadas a mozos e mozas de ata 30 anos convocadas, promovidas e patrocinadas polo Concello de Sober, e organizadas polo proxecto cultural A Plantación a través de Talleres de Verán. Nesta  ocasión a bolsa ten un valor de 780 euros.
 
Mediante esta convocatoria o Concello de Sober busca a unha persoa moza con inquietudes artísticas e culturais e coa necesidade de seguir formándose que posúa un destes perfís:
Mozos e mozas universitarios, de Escolas Superiores de Arte e de Estudos Artísticos de Ciclos Superiores de Formación Profesional, que queiran aumentar os seus coñecementos.
Menores de 30 anos que finalizasen algún dos estudos mencionados anteriormente (a titulación debe estar homologada).
 
Os proxectos fotográficos presentados serán avaliados por un comité e as ideas rexistradas permanecerán en todo momento baixo a propiedade intelectual das persoas participantes. A temática é libre.
 
 
 
 
Quen pode participar?
1.A beca está dirixida a persoas estudantes de fotografía ou que terminaron os seus estudos de fotografía de ata 30 anos, interesados en ampliar a súa formación.
(Entendemos estudantes de fotografía de: Ciclos Superiores de Fotografía en escolas de Arte, Estudos de Fotografía da rama de imaxe en Formación  Profesional, estudantes de Grao en Belas Artes e Deseño Gráfico. A titulación debe ser homologada).
2. Contar cun proxecto orixinal e persoal.
3. O proxecto debe estar presentado en galego ou en castelán.
4. A participación e recepción dos proxectos estará aberta desde o día 20 de xuño de 2022 ás 00:00 horas, ao día 26 de xuño de 2022 ás 23:59 horas (hora de España).
4. Enviar a: info@laplantacion.info un cartafol en PDF co teu nome e  apelidos. Exemplo: Ana García.pdf.
Debe conter: 
4.1 Ata un máximo de 5 fotografías cunha única unidade temática, con absoluta liberdade tanto na técnica utilizada como no tema elixido para a serie.
O número de píxeles no lado maior será ao redor de 2000. Cada imaxe deberá ir identificada co nome do autor e numerada: Ex. Ana García 001.
 4.2 Texto explicativo que resuma o proxecto. Que inclúa ademais estes datos persoais: Nome completo e número de teléfono.
  4.3 Carta de intencións (motivo polo cal se solicita a bolsa).
  4.4 Fotocopia do DNI ou Pasaporte.
5. O proxecto gañador, deberá ter dispoñibilidade para participar durante seis días  de formación  experiencial, totalmente presencial (do 3 ao 8 de xullo de 2022) no Taller de Verán que levará a cabo na Casa Grande de Rosende en Sober.
 
https:// laplantacion. info/2022/02/08/ paulo- nozolino-xullo-2022-taller-de-verán-presencial- fotografia/
 
O 28 de xuño coñecerase á persoa beneficiaria da beca.
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Miradores turísticos Qcalidad
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com