SEDE ELÉCTRONICA
 
 
NOVAS DO CONCELLO
 
NOVAS
O CONCELLO DE SOBER ORGANIZA UNHAS XORNADAS MULTIDEPORTIVAS INFANTÍS PARA A SEMANA SANTA



O Concello de Sober organiza unha xornadas multideportivas infantís  gratuítas para a Semana Santa. As persoas interesadas en participar deben ter en conta as seguintes bases.
 
Trátase dun programa lúdico e de actividades deportivas que se levará a cabo os días 11, 12 e 13 de abril en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas.
 
Desenvolveranse actividades relacionas co voleibol, xogos tradicionais, xogos de cooperación, xincanas, xogos de pistas, actividades musicais e de baile, entre outras.
 
As instalacións nas que se levará a cabo serán o pavillón do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
 
Ofértase un total de 15 prazas. A idade para participar nesta actividade será a comprendida entre 7 e 12 anos. Terán preferencia os/as nenos/as empadroados/as no Concello de Sober.
 
O prazo de inscrición será dende o 14 ao 31 de marzo, ambos incluídos.
 
A inscrición realizarase:
-        De maneira presencial: entregando a solicitude no rexistro do Concello de 9:00 a 14:00 horas.
-        De maneira telemática: A través do rexistro telemático na sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR).
 
Se existe máis demanda que prazas ofertadas nunha semana, cubriranse as prazas por rigorosa orde de entrada das solicitudes no rexistro do Concello. Así mesmo, crearase unha lista de agarda para cubrir as prazas que poidan quedar vacantes.
 
 
 
 
 
Historia do Concello
  Historia
  Patrimonio
  Medio Natural
  Lendas
  Situación
Concello de Sober
  Alcaldía
  Corporación Municipal
  Normativa Municipal
  Secretaría
  Contacto
Servizos do Concello
  Enlaces
  Axenda
  Télefonos
  Transporte Público
Oficina de Turismo
  Rutas
  Aloxamentos
  Festas
  Galería Fotográfica
Novas do Concello
As Nosas Parroquias
O Viño e Adegas
  O Viño
  Adegas
Nota Legal · Política de Privacidade · Política de Cookies
CONCELLO DE SOBER · RIBEIRA SACRA · AYUNTAMIENTO DE SOBER
Praza Campo da Feira s/n · 27460 · Sober · Lugo · 982 46 00 01 · 982 46 00 05
PO FSE Galicia 2014 -2020
"Invierte en tu Futuro"
Uni?n Europea
Publicado el 18 de Nov. de 2020
Feder Galicia
 
Feder Galicia
 
Moves

prodesin.com